SÓ FEDERADOS
NOME DO CURSO: Curso de Iniciación aos Corredores de Neve e Xeo (A2)
ESTANDAR EEAM: O curso equivale a un nivel 2 de Alpinismo (A.2), da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada
DATAS DO CURSO: 20, 21 e 22 de marzo 2026.
LUGAR: Peña Ubiña
OBXECTIVOS DO CURSO: Adquirir os coñecementos técnicos e tácticos propios dos corredores, que requiren manexo de corda e autoprotección, para desenvolver a actividade de forma autónoma e segura.
REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso, acompañado dun adulto maior de idade titor, e ter a licenza federativa correspondente en vigor que cubra as actividades a realizar.
EXPERIENCIA DEPORTIVA: Os/as participantes, ou ben xa participaron no curso de Alpinismo N1 ou ben antes de ir ao curso xa teñen experiencia en ascensións invernais, dominan o uso de crampóns e piolet ata 45°, fan autodetención con soltura e son capaces de realizar en rocha unha ruta de V+ de primeiros con soltura.
PREZO: 395 €
