A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a inscripción a ao Curso de Montañismo Estival, que equivale a un nivel 1 (N.1) da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)
DATAS E HORAS DO CURSO: 16 e 17 de maio de 09:00 a 18:00 h.
LUGAR: Monte Aloia (Pontrvedra). A data e o lugar poderá sufrir variacións motivadas axeitadamente.
PRAZAS DISPOÑIBLES: 8.
REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso) e ter as capacidades físico/técnicas axeitadas a actividade a desenrolar.
OBXECTIVOS DO CURSO: A finalidade do curso é a de obter os coñecementos necesarios para poder desenvolver actividades de montañismo en terreo non nevado e non aéreo en itinerarios sinxelos, todo elo con autonomía e seguridade.
CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Contidos básicos de seguridade en montaña / Principais riscos asociados ás actividades en montaña / Comunicacións / Medio ambiente / Equipo e material básico / Botiquín elemental / Planificación de actividades / Técnicas de orientación por montaña básicas / Técnicas de progresión segundo o tipo de terreo / Ritmo e desenvolvemento dunha actividade en montaña.
RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 8 alumnos/as (ata un máximo de 8); o mínimo de alumnos/as será de 6 persoas.
PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).
PREZO: 90€ Federados; 104€ Non Federados
PARA FEDERADOS/AS E NON FEDERADOS/AS
