Curso de progresión por terreos escarpados e arestras | Baleira – LUGO | 13 e 14 de xuño 2026

Cursos

A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a inscripción a ao Curso de progresión por terreos escarpados e arestras, Equivalencia coa formación de Montañismo Avanzado (N2A) da  Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)

DATAS E HORAS DO CURSO: 13 e 14 de xuño de 09:00 a 18:00 h.​

LUGAR: Baleira (Lugo)

PRAZAS DISPOÑIBLES: 6.

REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso) e ter as capacidades físico/técnicas axeitadas a actividade a desenrolar.

OBXECTIVOS DO CURSO: A finalidade do curso é a de obter os coñecementos necesarios para poder desenvolver actividades de montañismo en terreo non nevado que leven asociada algunha trepada, destrepe ou travesía por zonas escarpadas, todo elo con autonomía e seguridade.

CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Material básico e equipamento persoal / Técnicas xerais de progresión en montaña: ascenso, descenso e elección de itinerarios / Técnicas de progresión específicas segundo o tipo de terreo: herba, pedreiras, placas rochosas, caos de bloques… / Técnicas básicas de trepada en terreos escarpados / Técnicas básicas de progresión e protección en arestas / Prevención de riscos nas actividades de montaña.

RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 6 alumnos/as (ata un máximo de 12); o mínimo de alumnos/as será de 5 persoas.

PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).

PREZO: 145€

SÓ PARA FEDERADOS/AS 

BUSCA EN

Próximos eventos