Curso de Técnicas de Escalada Artificial | Faro Budiño | 13 e 14 xuño 2026

Cursos

A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a inscripción a ao Curso de Técnicas de Escalada Artificial (E.N3) , que non ten equivalencia coa Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)

DATAS E HORAS DO CURSO: Sábado 13 e domingo 14 de xuño de 09.30h a 18.00h (aprox).

LUGAR: Faro Budiño (Pontevedra)

PRAZAS DISPOÑIBLES: 4

REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso) e ter capacidades físico técnicas básicas axeitadas a actividade a desenrolar.

OBXECTIVOS DO CURSO: Aportar ao alumnado os contidos necesarios para que poda desenvolverse con autonomía e seguridade en técnicas propias da escalada artificial, co fin de poder realizar vías de ata A2+/C2+ coa máxima seguridade.

CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Historia e evolución desta modalidade e ámbitos de desenvolvemento, material específico, reseñas e escalas de dificultade, nós e instalación de reunións, tipos de seguros e colocación e testeo de ancoraxes flotantes, técnica básica de gancheo, técnica de progresión e seguridade sobre ancoraxes fixos e móbiles, xestualidade e posicionamento sobre estribos, extracción de seguros e recuperación do material en desplomes/teitos e travesías, planificación (configuración do equipo e material) e elección de vías e organización.

RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 2 alumnos/as (ata un máximo de 4); o mínimo de alumnos/as será de 2 persoas.

PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).

PREZO: O prezo do curso é de 220€

Curso só para Federados

BUSCA EN

Próximos eventos