A Federación Galega de Montañismo (FGM) convoca, coa impartición da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM), a inscripción a ao Curso de Xestión de Caídas e Medos en Escalada Deportiva (N.2.), e non ten equivalencia coa formación da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME)
DATAS E HORAS DO CURSO: 07de setembro de 20:00 a 21:30 sesión online 12 de setembro de 09:00 a 15:00 xornada práctica
LUGAR: Rocódromo Municipal de Riazor. A Coruña
PRAZAS DISPOÑIBLES: 6.
REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter capacidades físico técnicas axeitadas as demandas do curso.
OBXECTIVOS DO CURSO: Que o alumnado perfeccione as técnicas de aseguramento correcto para deter caídas de modo adecuado, así como aquelas referentes a caer de maneira controlada en diferentes situacións.
Asimilar procedementos, técnicas e estratexias que favorezan a superación de pensamentos e actitudes autolimitantes no afrontamento de temores incoherentes cun afán persoal alcanzable e de riscos asumibles, no contexto da escalada deportiva.
CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS: Repaso teórico practico das características do material de escalada e das instalacións fixas (ancoraxes), Protocolos de seguridade / Física da caída / Factores de caída e forza de choque / Aseguramento: Binomio asegurador escalador. Comunicación. Protocolos de seguridade / Materiais, dispositivos de freado asistido e métodos para asegurar de primeiro e segundo aparellos / Adecuar a forza de choque, distancias de caída e contactos con obstáculos, condicionados por ubicación dos puntos de seguro, diferencias de peso e morfoloxía da parede / Xestión da progresión así como das caídas potenciais e reais: Valoracións, estratexias, reaccións e toma de decisións. Identificación do perigo real, do imaxinario, do risco e da probabilidade. Medidas / A caída segura asumible: Progresión adaptada en función das necesidades do alumnado, practicando diferentes supostos con seguridade e confort físico e mental / Xestión de medos: Antes, durante e na reiteración. Pensamentos. Motivacións, afáns e afrontamento. Estados mentais e actitudes. Afrontamentos e reaccións ante a exposición a estresantes: Expectativas e incertidumes (persoais, sociais, de percorrido) e reaccións ante riscos percibidos (reais e imaxinarios). Enfoque. Altura e distancia,… / A exposición a altura e a súa percepción. Risco real e ficticio As expectativas, o compromiso, a incerteza. Métodos para xestionar a ansiedade, os temores escalando o medo ante a caída e ante o fallo. A evitación. / Caídas: Suspensión ou reposos. Caídas controladas. Progresión adaptada e límites.
RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 6 alumnos/as , o mínimo de alumnos/as será de 5 persoas.
EXPERIENCIA DEPORTIVA: Os/as participantes teñen que ter experiencia como escaladores de primeiro de cordada, ter un nivel mínimo de V+/6a e ter experiencia asegurando.
PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (Federación Galega de Montañismo).
PREZO:
70€
SÓ PARA FEDERADOS/AS
