Curso intensivo de Perfeccionamento en Esquí de Montaña (N2) | Cerler – Huesca | Do 12 ao 16 de xaneiro de 2026

Cursos

NOME DO CURSO: Curso intensivo de Perfeccionamento en Esquí de Montaña (N2) Cerler

ESTANDAR EEAM: O curso equivale a un nivel 2 de Esquí de Montaña (EM.2), da Escuela Española de Alta Montaña da Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada

PERÍODO FORMATIVO: 2026

DATAS E HORAS DO CURSO: Do 12 ao 16 de xaneiro de 2026. Realizaráse en horario de apertura de pistas cun horario lectivo máximo de 8 horas diarias.

LUGAR: roteiros de esquí de montaña na contorna de estación de esquí de Cerler

RATIO E ALUMNOS/AS TOTAIS: 1 técnico/a por cada 6 alumnos/as (ata un máximo de 6 no curso). O número mínimo de participantes para realizar o curso será de 5 persoas.

PROFESORADO: Serán técnicos/as da Escola Galega de Alta Montaña (da Federación Galega de Montañismo).

OBXECTIVOS DO CURSO:

  • Realizar percorridos complexos  con esquís de travesía con autonomía e seguridade
  • Coñecer en profundidade o material de progresión e seguridade propios do esquí de montaña /
  • Partindo dun nivel medio de esquí alpino, mellorar as técnicas de descenso en terreo de neve non tratada e certa dificultade
  • Coñecer as técnicas de ascenso con esquí de montaña e as transicións
  • Coñecer as técnicas de seguridade en alta montaña invernal e os protocolos de búsqueda de vítimas de avalanchas.

REQUISITOS BÁSICOS: Idade mínima de 16 anos ao inicio do curso (con autorización familiar asinada e persoa maior de idade ao cargo do/a menor no propio curso), e ter a licenza federativa FEDME en vigor que cubra montañismo invernal e alpinismo (Tipo B).

EXPERIENCIA DEPORTIVA: Os/as participantes deberan ter un nivel azul/vermello (C-D en pista) asentado de esquí alpino (en pista), dominando o viraxe en paralelo. Aconsellase experiencia previa en manexo básico de piolet e crampóns, o curso N1 de iniciación e/ou ter experiencia en percorridos sinxelos de esquí de montaña.

 

BUSCA EN

Próximos eventos

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade