
Xornada marcada en vermello no calendario da sección de CxM da Federación Galega de Montaña; debut da irmandiña na copa de España!
A primeira das 4 carreiras que conforman o calendario de probas da copa, disputouse na Serra de Maignó, con saída na explanada de Xorret el Catí para dar comezo ao Trail Catí-Rabosa. Un día marcado pola choiva, o vento e o frío.
34 km e 1800 metros de desnivel positivos marcarían a métrica dos élite mentres que 16km con 600+ e 14km con 400+ serían as distancias dos Júnior e xuvenís.
Os nosos representantes élite serían Verónica Bugliot (Corzos de Ortegal), Silvia Casal (Chuvoners), Elpidio Gómez (Castro Trail) e Iago Abeledo (Xesteiras).
Por parte dos Júniors os convocados foron Eros Álvarez (Pena Trevinca), Xián Novoa (Aromon), Vicente Agulló (Gtr) e Andrea Gómez (Trabandainas).
A carreira dos absolutos:
Ás 8:30 deuse o pistoletazo dunha rapidísima saída de 2km en baixada no que os nosos corredores procuraron colocarse en postos cómodos antes de comezar unha tremenda subida de 420+ en apenas 3km, situándose Silvia e Vero nun Top 10 e Elpidio e Iago nun top 15.
Nesas posicións transcorría a carreira polo cresterío da Peña de Catí ata comezar , no 15 , unha baixada moi técnica de 500- caracterizada pola pedra solta, camiños rotos e continuos “zig zags” ata chegar ao punto de asistencia no 21km onde a seleccionadora; Vero Calvo, cantou as posicións, pasando Iago Abeledo 9°, Elpidio 12° e unhas Silvia e Vero que iban a mais 6ª e 7ª.
Aínda quedaban 13 quilómetros e 800+ constantes que determinarían as posicións finais. Iago Abeledo e Elpidio Gómez cederían posicións para rematar 16° e 17° cuns tempos de 3h:13m e 3:15 respectivamente e clasificándose 4to na categoría veterán A e 1ºveteràn B.
Faltaban por entrar unhas espectaculares Silvia Casal e Vero Bugliot 5tª e 6ª, que con 3h:45 e 3h:48 , presentan a súa candidatura a loitar polos postos de honra finais da copa de España.
Tamén a destacar as excelentes actuacións dos Galegos Martín Fontán (Chuvoners) que entraba en 3h:29′ e de Jose Manuel Santamaría (Barbantia roda) 3h:35′.

A carreira dos xuvenís e júnior:
Saída as 9:10, unha carreira rápida, na cal sabiamos que os nosos corredores terían que dar ó 120%. Comezaba con unha baixada longa de aproximadamente 4 km na cal os contrincantes marcaron ritmos altísimos. Os nosos seguíronos de moi cerca, indo de menos a mais, pero a distancia marcada neses 4 km entre eles, fixo imposible poder alcanzalos.
Sabíamos que os nosos “pequenos” non chegaban a esta carreira ó 100%, polo que temos clarísimo que queda moita Copa por diante e demostrarán o talento e gañas que teñen.
As posicións acadadas foron as seguintes:
Júnior: 11º EROS ÁLVAREZ Xuvenil: 9º VICENTE AGULLÓ; 10º XIAN NOVOA; 4º ANDREA GOMEZ
Un fin de semana de aprendizaxes para os mais pequenos e os mais grandes. Un grupo espectacular, non só a nivel deportivo, senón a nivel persoal.
Darlle as gracias, pola paciencia (+ de 11 horas de viaxe (de ida) e outras tantas de volta, chegando ás mil e non descansar como se merecen). A destacar a humanidade, compañeirismo de todos eles, sempre axudándose, dándose consellos. A alegría e bo rollo que transmitiron que é fundamental para crecer en carreira e facer a viaxe inesquecible.
Pola parte do Vogal, Antón, e a Seleccionadora, Vero, agradecervos a dispoñibilidade que tivéchedes durante toda a viaxe. Vémonos na seguinte e a seguir adestrando!
Abrazos e saudiños a tod@s!



















