(SANT ESTEVE DE PALAUTORDERA)
O 29 de maio de 2022 daba comezo ás 9:00 a 2ª proba da Copa de España en liña, no lugar de Sant Esteve de Palautordera, concretamente no Parque Natural de Montseny. Unha carreira “corta” cunha distancia de 27Km é un desnivel de 1300+, que se resumían nunha gran subida e nunha baixada. A temperatura a esas horas xa se situaba nos 23º.
OS ABSOLUTOS
No punto de saída encontrábanse os/as nosos/as representantes absolutos Silvia Casal, Vero Bugliot, Elpidio Gómez e Iago Abeledo. Todos eles con todo estudado para realizar a carreira o máis rápido posible e sen perder de vista a aqueles corredores/as que quedaran por diante deles na 1ª proba da Copa de España.
As mellor situadas na 1º proba eran as nosas chicas Silvia Casal, con un 5º posto, e Vero Bugliot, con un 6º posto. Polo tanto nesta proba tiñan claro que querían chegar nese top 5, pois así lograrían seguir nos primeiros postos da clasificación xeral. Os nosos “chicos”, Elpidio Góme, aspiraba a repetir a vitoria como veterano B e afianzarse como liderado da categoría, e Iago Abeledo buscaría quedar o máis arriba posible, intentando lograr meterse no podio dos veteranos A. Ademais ambos buscarían entrar no top 10 da xeral da carreira.
Cando se puxo en marcha a carreira, os nosos corredores ubicáronse no pelotón, buscando as súas respectivas referencias, nunha primeira subida de 1000+ en 12km, que lles duraría un total de 1h15´a Elpidio, seguido por Iago a 2´. A Vero Bugliot levoulle aproximadamente 1h27´, seguida por Silvia Casal a un pouco menos de 2´. Unha vez feita a subida, tocaba baixar por un terreo rápido pero técnico, no cal Elpidio tiña claro que loitaría por un top 10, e Iago buscaba entrar no podio Vet A, sendo constante e progresivo na carreira.
Na parte das chicas, Vero tivo que entrar nunha continua loita con Garazi Sampedro (corredora Vasca), que non llo poñería fácil para lograr o terceiro posto. Pola contra Silvia tiña claro que hoxe non era o seu día, xa que as pernas non lle ían dende o km3, e polo tanto so lle quedaba aguantar ese 5º posto e desfrutar da paisaxe.
Os últimos 6km de carreira foron agónicos, pois encontráronse ante un terreo sube e baixa, que lles dificultarían correr ós ritmos altos que necesitaban, para aguantar as posicións, ademais os 29 graos de temperatura o poñían mais difícil. A pesar disto, os catro corredores/as aumentaron ritmo, pois sabían que hoxe era o día de quedar en unhas meritosas posicións. Chegando a meta:
- Elpidio Gómez (Castro Trail): 2:20:19, entrando 11 da clasificación xeral
- Iago Abeledo (Xesteiras): 2:26:12, entrando 15 da xeral
- Verónica Buligo (Os Corzos de Ortegal): 2:43:52, entrando 3ª da xeral
- Silvia Casal (GTMA & Chuvoners): 2:43:43, entrando 5ª da xeral
GRANDE CARREIRA A DE TODOS OS NOSOS CORREDORES ABSOLUTOS!!
Debemos destacar a carreira de Vero Blugliot, xa que despois dunha semana cun virus que a deixaba valeira de combustible e con pouco adestro nas pernas, foi capaz de afrontarse á carreira e loitala ata o final. Darlle os parabéns, non só por ese FANTÁSTICO TERCEIRO POSTO, senón polas garras que lle puxo, a constancia e a cabeza fría dando o máximo e pelexando ata o último minuto.
As clasificación xerais da Copa de España en liña:
CLASIFICACIÓN MASCULINA
CLASIFICACIÓN FEMININA
OS/AS XUVENÍS E JÚNIOR
Os xuvenís e júnior enfrontábanse a unha distancia de 13km con 400+ aproximadamente. A saída sería as 9:30, dende o mesmo lugar que os absolutos.
Unha vez comezada a carreira, os nosos corredores xuvenís correron xuntos os primeiros kms, marcando o ritmo Vicente Agulló, que finalmente chegou a meta uns segundo antes que Xián Novoa. A un minuto perseguíaos o noso Júnior, Eros Álvarez.
En palabras dos corredores, todos eles destacan as altas temperaturas, como un factor limitante para aumentar o ritmo.
Vicente Agulló (Galaico Trail Run) comezaba con malas sensacións, pero que unha vez refrescado nun avituallamento colleu folgos para entrar en meta nun sexto cun tempo de 1:10:03, alcanzando así un 4ª posto da xeral da Copa de España
Xián Novoa (Aromon), nesta carreira, por fin se encontrou cómodo, marcando o ritmo que tiña en mente, e deixándose a pel para entrar detrás de Vicente, como sétimo corredor, cun tempo de 1:10:54. Situándose, detrás do seu compañeiro de equipo na xeral da Copa, nun quinto posto.
A nosa xuvenil fémina, Andrea Gómez (Trabandainas), douno todo na carreira, a pesar de que a calor se lle fixo insoportable. Pasando polo avituallamento do km6 moi cansa pero con gañas de seguir loitando para intentar darlle caza as súas rivais. Entrando en meta nun sétimo posto feminino cun tempo de 1:35:05 e conseguindo un 4º posto da xeral xuvenil feminina da Copa de España.
E Eros Álvarez, o noso júnior, cada vez máis cómodo nas carreiras, entraba en meta nunha octava posición cun tempo de 1:11:51. Situándose así nun quinto posto da xeral da Copa de España.
Posicións na CLASIFICACIÓN XERAL da Copa de España en Liña :
XUVENIL MASCULINO
XUVENIL FEMENINO
JUNIOR MASCULINO
Dende a FGM, dámosvos as GRAZAS por todo o esforzo e animámosvos a seguir adestrando duro e progresando. A pola seguinte!!