O 2 de outubro de 2022, dou comezo a terceira e última proba da Copa Galega de CxM, a cal transcorrería polos arredores de A Rúa de Valdeorras cunha distancia de 42km e un desnivel positivo de 2711 metros. Unha carreira que non deixa indiferente a ninguén, tanto pola súa dureza como polo seu bonito percorrido.
Un total de 35 persoas se situaban na liña de saída para competir por os postos altos da clasificación desta esixente carreira, e ademais pelexaban pola clasificación xeral da Copa .Galega de CxM, pois non debemos esquecer que a última proba sempre conta un 20% mais que o resto, polo tanto podería ser primordial para algún corredores.
Comezamos polas chicas, xa que poucas foron as que decidiron acudir a esta proba. Entre elas encontrábamos a líder da Copa Galega, Cristina Couto do GTR Trail Run, que estaba disposta a subirse ó mais alto da clasificación xeral da Copa, entrando en meta na terceira posición feminina. Entre as outras corredoras encontrábamos a Silvia Casal do GTMA&Chuvoners, unha das gran favoritas, sendo a primeira femenina en entrar na liña de meta e Tamara García do GTR Trail Run, que o faría en segundo lugar.
Unha carreira sen moitos cambios, na cal a liderou case de principio a fin Silvia Casal, seguida por Tamara García e Cristina Couto.
A carreira dos chicos, foi mais pelexada a vitoria, encabezando a carreira Elpidio Gómez e Emilio Montilla, ambos do Castro trail, perseguidos por uns fortísimos Daniel Pazó (Atletismo Baiona), Marcos Pascual (Castro Trail) e Martín Fontán (GMTA&Chuvoners). Finalmente o podio quedou:
- Emilio Montilla (Castro Trail), cun tempo de 04:31:11
- Daniel Pazó (Atletismo Baiona), cun tempo de 4:33:29
- Marcos Pascual (Castro Trail), cun tempo de 4:39:21
Nas subcategorías quedaban os podios do seguinte modo:
PROMESA
- Fabio González Iglesias (Asesou)
VETERÁNA
- Cristina Couto Gonzalez (GTR)
VETERÁN A
- Manuel Enrique Fernández (Coutadas Trail Run)
- Castor Salgado (Running Sport Trail)
- Jorge Alborés Míguez (Atletismo Baiona)
VETERÁN B
- Emilio Montilla Fernández (Castro Trail)
- Juan Elosua Capellan (Tribu Trail)
- J. Manuel González Santamaría (Boiro)
VETERÁN C
J. Manuel Pernas Vázquez (Peña Lar Trail)
Dende a FGM damos as gracias a todos e todas as participantes que se animaron a acudir a esta 3º proba da Copa Galega, o club organizador e os seus voluntarios pola súa labor e bo facer e tamén ó equipo arbitral.
CLASIFICACIÓNS PROVISIONAIS: