ULTRA TRAIL LA COVATILLA (BEJAR)

O 2 de xullo de 2022 daba comezo ás 8:00 a 3ª proba da Copa de España en liña, no lugar Béjar (Salamanca), que transcorrería pola Covatilla. Unha carreira cunha distancia de 37Km é un desnivel de 2300+, de pura alta montaña, transcorrendo gran parte do percorrido por encima dos 2000m, a través de grandes zonas de pedregais, facendo así a carreira moi técnica e mais lenta do esperado.

OS ABSOLUTOS
Na liña de saída encontrábanse os/as nosos/as representantes absolutos Silvia Casal (GMTA & Chuvoners), Vero Bugliot (Os corzos de Ortegal), Elpidio Gómez (Castro Trail) e Iago Abeledo (Xesteiras).
As nosas dúas corredoras (Vero e Silvia), presentábanse na liña de saída con confianza, pois en ambas pasadas carreiras amosaron gran solvencia ante as súas rivais, situándose 3º e 4º respectivamente da clasificación xeral da Copa. Polo tanto, tiñan como obxectivo manter posicións ou melloralas.
Na categoría masculina, Elpidio Gómez e Iago Abeledo procurarían manterse no top 10 da clasificación xeral. Pola súa banda, Elpidio se gañaba, acadaría a vitoria de xeito matemático na copa de España vetB; mentres Iago buscaría consolidar o podio na copa de España vet A.
A carreira comezou marcada polos 1000+ en 8km que realizaron por parellas, Iago e Elpi que pasaban 10º e 11º no punto de control da Covatilla e Vero e Silvia pasaban uns minutos mais tarde como 4º e 5º respectivamente.
A partir dese punto chegaba a parte mais dura da competición, 18 km de pedregal, incluíndo a subida ó pico Calvitero (2497 m), para logo baixar uns 500m- ata a lago do Trapal e de novo volver a “escalar” ata o Pico Torreón (2500m), terminando esta parte cunha baixada técnica ata a Dehesa de Candelario, situándose esta no km26.

Neste tramo comezáronse a marcar as diferenzas entre os nosos corredores e os rivais.
Comecemos por Elpi, o incansable, o noso gran Veterano B, simplemente espectacular. Sempre de menos a mais, situándose co asturiano Xuán Calderón que o levou a un ritmo tremendo no cal Iago non foi quen de seguir, xa que o terreo técnico xogoulle unha mala pasada, sufrindo unha caída e torcedura de nocello que o obrigou a camiñar e descolgarse de Elpidio. O noso veterano B, progresaba nunha 7ª posición, pero no tramo da Dehesa, tivo un despiste debido ás balizas (que non se vían moi ben, debido a súa cor) e perdía uns 15´ buscando de novo o camiño e perdendo 3 posicións na xeral. Entrando na liña de meta nun 11º posto da xeral masculina, cun tempo de 04:28:14.

Iago Abeledo, como xa comentamos, entre o terreo técnico, o cal non está afeito, e o esguice de nocello, fixeron desta carreira un inferno, no cal no km 22 tras a dor decidiu camiñar, a pesar de perder unhas posicións na xeral, pois tiña claro que non ía deixar de puntuar nesta carreira, e o abandono non era unha opción. Mais que orgullosos del, xa que, non e doado seguir cando os rivais che pasan, xa que a cabeza che vai mermando. Pero el loitou ata o km 37, entrando nun 20º posto da xeral masculina, cun tempo de 04:48:54.

Detrás de Iago, a pouca distancia viña Silvia, disposta a dalo todo ata o final. Unha carreira das que a ela lle gustan, técnica e complexa. Onde o terreo é imposible pero ela lle pon solución. Comezando ó carón de Vero, que pouco a pouco se descolgou, e Silvia seguía o ritmo da 2º e 3º, pero un problema intestinal fixeron que tivese que parar un par de ve ces e polo tanto, perder a posición ata un cuarto lugar. Entrando en meta cun tempo de 04:52:52.
E Vero, que comezaba a carreira coas ideas pouco claras, sabía que tocaba sufrir, e non tanto polo terreo, senón pola gripe que lle complicaría a respiración durante a carreira. A pesar disto, conseguiu marcar un ritmo alto, nunca carreira das que a ela non lle gustan moito, facendo así un carreirón e entrando nun 5º posto da xeral feminina, cun tempo de 05:10:56.

As clasificación xerais da Copa de España en liña:

CLASIFICACIÓN MASCULINA


CLASIFICACIÓN FEMININA

OS/AS XUVENÍS E JÚNIOR

Os nosos xuvenís (Xián Nóvoa, Andrea Gómez e Vicente Agulló) afrontarían unha carreira totalmente diferente, onde comezaría no Porto de Béjar terminando en Dehesa de Candelario, afrontando un total de 12 km con 700+.
E o noso Júnior (Eros Alvarez), sairía de Baños de Montemayor e terminaría en Dehesa de Candelario, cun total de 16.5 km e 1000+.
Saían ambas carreiras as 9:00, onde a temperatura comezaba a ser alta. As carreiras comezaban cunha gran subida ata o km4 e 8 respectivamente, onde realizarían gran parte do desnivel, seguíndolle 5 km de baixa e despois un tramo de falso chan, nos cales os nosos rapaces/za poñerían ritmos altos para terminar nun bos postos.

Os xuvenís:
Vicente Agulló (GTR- Galaico Trail Run), entrou en meta 5º cun tempo de 01:14:59
Xián Novoa (Club Aromon), entrou en meta 6º, cun tempo de 01:16:05
Andrea Gómez (Club Trabandainas), entraba nun 4º posto da xeral feminina, cun tempo de 01:43:33

O júnior:
Eros Álvarez (Club Peña Trevinca- O Barco), entraba nun 7º posto da xeral masculina, cun tempo de 01:53:44.

Posicións na CLASIFICACIÓN XERAL da Copa de España en Liña :

XUVENIL MASCULINO

XUVENIL FEMENINO

JUNIOR MASCULINO

Como sempre, dende a FGM dámoslle as grazas por seguir adestrando duramente e participar nas carreiras.
Todos eles se sitúan nos PRIMEIROS POSTOS polos puntos sumados nas tres probas. Parabéns!!
Terminamos esta crónica falando do resto dos Galegos, que non son menos importantes e todos eles e elas fixeron moi boas carreiras. PARABÉNS A TODOS OS DO GTR, que eran unha gran ropa, a SANTAMARÍA, posicionándose nun 4º vetb, e a MARÍA FERREIRO (GTMA & chuvoners).