O 15 de maio do 2022, tocoulle de novo a Borja Varela enfrontarse ó cuarto KV da tempada, neste caso sendo a 3ª proba da Copa de España.
Esta proba concorreu no Parque Natural del Ports (Concello de Roquetes) cunha distancia de 5,5 km e 1150+. Sendo polo tanto bastante diferente ás demais, xa que contaba con unha segunda parte moi corrible.

Borja saíu co dorsal número 4, sendo iso unha gran sinal, pois sitúao entre os mellores corredores da proba. Pero non todo é positivo, xa que saír cos “pros” implica saír dos últimos, neste caso saíndo as 11:34, onde as temperaturas altas endureceron a carreira. A pesar disto, Borja fixo unha espectacular carreira, xestionándoa de principio a fin, pois xa sabía de antemán que se na primeira parte arriscaba demasiado pasaríalle factura nos últimos metros. FINALMENTE ENTROU 5º!!
Debemos destacar que grazas a este posto, situase TERCEIRO da XERAL DA COPA DE ESPAÑA!!

Para a semana, o 22 de maio, tócalle a última proba da Copa, en Cantabria. A Borja non lle cabe a menor dúbida que non faltará ningún dos seus rivais, pois todos quererán pelexar polos postos mais altos!!
Desexámoslle moita sorte para eses 4km con 1200+ no KV Castro Valnera. Todos estamos contigo Borja!! A darlle duro!
