Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209 - VIGO

secretaria@fedgalmon.gal

986 20 87 58

CxM: 4º PROBA COPA DE ESPAÑA VERTICAL CASTRO VALNERA

O 22 de maio do 2022 dou comezo a 4º proba de KV da Copa de España de CXM en Castro Valnera, sendo esta a última das probas do circuíto da Copa, onde nos representaría de novo o noso corredor BORJA VARELA.

Esta proba concorreu en Vega de Pas (Cantabria) cunha distancia de 4,2 km e 1180m+. Dou comezo con 1 km con aproximadamente 300+, chegando ás Cabañas de Culina, km 2,2 con 500+. Quedando así para a segunda parte unha ascensión dura e con gran desnivel, sumando 2km á carreira cos 650+ restantes, onde se encontraba a meta, no Alto los Dujos (1709m).

Borja saíu co dorsal número 3, pois como xa vos contaramos situábase como terceiro na clasificación xeral da Copa. Sendo un dos corredores máis regulares e constantes. Sabiamos que nesta proba non fallarían ningún dos seus rivais, pois como sabemos contan as tres mellores probas, e a última conta un 20% mais.

A carreira de Borja dou comezo ás 11:34, ó igual que na anterior proba, sairía antepenúltimo, cos pros de ter visual dos seus rivais máis próximos na clasificación, e como contras podía verse afectado pola calor e coller “caravana” na subida. En palabras do corredor dixo que foi unha carreira moi dura e esixente, xestionada dende o comezo, sabendo que a terceira posición era imposible na copa e a cuarta moi complicada, pero que loitaría por un quinto posto na clasificación xeral. Borja foi capaz de coller ó seu rival Asturiano, ó que finalmente adiantou na clasificación para quedar nun ESPECTACULAR 5º POSTO DA XERAL DA COPA DE ESPAÑA DE KV!! sendo noveno nesta proba.

Dende a Federación Galega de Montañismo queremos darlle os parabéns, pois ó longo destes meses Borja foinos brindando con uns marabillosos resultados, deixando a Galicia no TOP 5.

Simplemente darlle as gracias a este gran corredor, que non nos cabe a menor dúbida que para o ano intentará ir a polo podio e deixar a Galicia na mellor posición posible.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content