“Desafío de los Picos, Aguas de Teror Trail”
O 30 de xullo de 2022 daba comezo a 4ª proba da Copa de España en liña, no lugar de Teror (Gran Canaria), a única das catro carreiras que daría comezo pola tarde e na cal algúns dos nosos corredores galegos entrarían de noite en meta.
Unha carreira cunha distancia de 37Km é un desnivel de 2250+, con continuas subidas e baixas a través dos barrancos de Teror, marcada pola humidade e a calor do día.
FALEMOS DOS NOSOS!
Fómonos para Gran Canarias tres dos oito seleccionados, xa que os prezos dos voos elevaban bastante o presuposto da carreira. Por criterios técnicos decidimos levar a tres absolutos xa que podían optar a postos de “gloria” na Copa de España e incluso loitar polo pase directo ó mundial.
SILVIA CASAL
Dou comezo a súa carreira, de menos a mais, arriscando nas baixadas e pasando do sexto posto ó terceiro da xeral feminina. Na súa cara expresaba ilusión e felicidade. Estaba gozando do terreo e logrando reducirlle tempo á segunda corredora. Finalmente non foi quen de cazala, pero logrou un fantástico TERCEIRO POSTO NA CARREIRA, detrás de corredoras de élite como son Oihana Kortaza e Gemma Arenas, e converterse así TERCEIRA DA COPA DE ESPAÑA EN LIÑA. Todo un logro para o trail feminino galego.
VERÓNICA BUGLIOT
A nosa gran loitadora, que dende o comezo de carreira comprobaba que as pernas non tiñan o día, estaban pesadas e non querían ir ó ritmo que ela desexaba. Estaba mais que preparada para afrontarse ós 37km, pero hai días que o corpo non quere e todo se poñía na súa contra. As patas que non querían ir, a humidade que lle fixo baixar mais a tensión que do habitual, mareada por momentos, onde a súa cabeza loitaba entre o abandono ou continuar e loitar ata o final. Así o fixo, recortando incluso algunha posición e logrando entrar en meta nun SÉPTIMO lugar. Conseguindo polo tanto un CUARTO POSTO DE ESPAÑA DA COPA DE CxM!
ELPIDIO GÓMEZ
Sobran as palabras, quen o coñeza sabe que é un dos GRANDES DO TRAIL GALEGO, e un dos GRANDES DE ESPAÑA, en ningún momento deixou escapar ese 1º POSTO DE VETERÁN B da COPA DE ESPAÑA DE CxM EN LIÑA.
Realizou unha carreira brillante, dando todo o que tiña, sufrindo e gozando a par, logrando entrar no 19 posto da carreira, onde o nivel era espectacular. E conseguindo o seu meritorio 1º POSTO DE VTB DA COPA.
Destacar tamén a presenza nesta carreira de dous corredores galegos Martín Fontán (GMTA & Chuvoners), entrando nun memorable 28 posto da xeral cun tempo de 04:07:32, e a participación de J.M Santamaría entrando de 43 cun tempo de 04:35:02 e converténdose 4º VETERANO B da COPA de ESPAÑA.
Como xa citamos ó comezo, 5 dos corredores non puideron asistir a esta proba, pero non por iso son menos importantes, logrando tamén grandes postos na COPA DE ESPAÑA EN LIÑA.
– IAGO ABELEDO logrou un 3º POSTO VETERANO A da COPA DE ESPAÑA DE CxM EN LIÑA.
– EROS ÁLVAREZ (júnior) acadou un 5º posto da cat. JUNIOR DA COPA DE ESPAÑA.
– VICENTE AGULLÓ (xuvenil) acadou un 5º posto da cat XUVENIL da COPA DE ESPAÑA.
– XIAN NOVÓA (xuvenil) acadou un 6º posto da cat XUVENIL da COPA DE ESPAÑA.
– ANDREA GÓMEZ (xuvenil) acadou un 5º posto da cat XUVENIL da COPA DE ESPAÑA.
Como sempre, darlle as GRAZAS a estes corredores, e o resto dos participantes dos seleccionados, xa que non é doado compaxinar a vida privada coas carreiras, e aínda así, loitades por alcanzar o máximos resultados.
Agradécese a vosa RESPONSABILIDADE, SACRIFICIO, ESFORZO, RENDEMENTO e
IMPLICACIÓN coa IRMANDIÑA. Sodes moi GRANDES, tanto PERSONALMENTE como no ámbito DEPORTIVO. GRAZAS!!
Dende a FGM estamos moi ORGULLOSOS por todos os resultados acadados e seguimos loitando para mellorar e poder avanzar neste mundo que nos apaixona de CxM.
Tamén agradecemos a labor de Xosé Antón, que sempre está axudando e aportando para que os corredores e corredoras poidan seguir buscando éxitos e cumprindo soños. Graciñas!
Vémonos nos montes!!