Superada a “resaca” desta fin de semana en Granada:

Campionato de España en idade escolar, CxM Sierra Elvira, Atarfe.

Sen dúbida unha das experiencias máis bonitas que vivimos este ano, a primeira edición e un éxito absoluto a nivel organizativo.

Moitas seleccións desprazaron aos seus infantís e cadetes, conseguindo un campionato cun nivel altísimo.

Despois do KV do sábado e a carreira en liña do domingo, Fabi terminou o seu primeiro campionato importante en sétima posición, mentres que Xián fíxoo en duodécimo lugar, pero apertado con outros moitos corredores.

Estes resultados axúdannos a situarnos e a subir a motivación e as gañas de seguir traballando nesta liña.

Imos!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.