986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

CxM: CAMPIONATO DE ESPAÑA EN LIÑA INDIVIDUAL E POR SELECCIÓNS AUTONÓMICAS (CAMOVI, VIVEIRO)

Chegou un dos momentos máis esperados pola nosa Irmandiña, o Campionato de España de Carreiras por Montaña en Liña Individual e por Seleccións Autonómicas.

O 24 de marzo, daba comezo en Viveiro, unha das carreiras máis esperadas no noso calendario, a CAMOVI.

Nela representábannos un total de 3 xuvenís, 1 junior, unha promesa e 20 corredoras absolutos/as (dos cales finalmente só puideron asistir 16).

Os xuvenís (Andrea, Xián e Vicente) e o junior (Eros), disputarían unha distancia de 13,5 km e 617+954-.

A nosa promesa (Antía) disputaba unha distancia de 21km con 1100+1100-

E os absolutos (Silvia, Vero, Bea Barroso, Lupe Rubio, Jana Seoane, Alina, Tamara García, Olalla Conde, Iago Abeledo, Marcos Naya, Montilla, Marcos Pascual, Miguel Vázquez, Carlos Pernas, Samuel Saborido, Manu Gil) disputarían unha distancia de 42195 m con 2625+.

Os nosos XUVENÍS como sempre dando a talla, cumprindo cos obxectivos marcados antes de carreira, todos entrando en meta no tempo que tiñan marcados. Acadando os seguintes resultados:

  • Vicente Agulló de la Fuente, acadou un 22 posto con un tempo de 01:12:54
  • Xián Novoa, acadou un 29 posto, con un tempo de 01:18:03
  • Andrea Gómez, acadou un 28 posto con un tempo de 01:41:01

O JUNIOR galego, Eros Alvarez, non dou encontrado o ritmo que tiña en mente, acadando un 40 posto, nun tempo de 01:20:34

A nosa PROMESA, Antía Rodriguez Puime, a primeira vez nun Campionato de España, e tras os seus nervios, entraba en meta cun tempo de 02:34:37, nun merecidísimo 12 posto.

Os ABSOLUTOS

Tiñan por diante unha maratón, complexa, rápida, dura, e que a nivel psicolóxico che merma pouco a pouco, xa que comeza cun terreo rápido, no cal se te pasas de ritmo pode pasar factura nos últimos km. E así se fixo ver coa cantidade de corredores que vimos deambulando polos montes de Viveiro.

Os nosos fixeron un auténtico carreirón, destacando a Miguel Vázquez e Marcos Pascual, os cales destacaron pola súa cabeza fría. Miguel conseguía marcar o ritmo que tiña en mente, chegando ós avituallamentos no tempo previsto. E Marcos como sempre, progresivamente, foi superando rivais ata entrar en meta como segundo galego. Destacar tamén a labor do resto dos corredores Samuel, Manu, xa que despois da Ultra de Cazorla, estiveron dispostos a enfrontarse ós 42 de Camovi. Ambos facendo tamén moi boa carreira, os cales nunca nos defraudan. O noso quinto galego que entrou en meta foi Carlos Pernas (a súa primeira vez nun Campionato de España), que ó igual que Marcos, foi de menos a mais, superando unha gran cantidade de corredores. Darlle os parabéns a estes cinco corredores.

Non menos importantes foron Montilla, Marcos Naya e Iago Abeledo. Sabiamos que podía pasar, e que os abandonos podían chegar. O primeiro foi Iago, no km 24, onde unha lesión que o leva acompañando un par de semanas non lle deixou correr como quería, tomando unha sabía decisión e poñendo a súa cabeza na Copa de España de CxM. Montilla, con dor muscular dende o comezo, pelexou ata o km 33, xa que despois do abandono de Iago no 24, non quería deixar a irmandiña con so 7 corredores en carreira. Tamén no km 33, Marcos Naya, que estaba facendo un carreirón, á par do seu compañeiro de equipo, tivo que parar, pois as pernas non tiveron o seu día.

Parabéns ó EQUIPO MASCULINO pois logrou un 6º POSTO na CLASIFICACIÓN DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS dun total de 13.

Tócalle as nosas GUEIRREIRAS, pois ese é a definición correcta. LOITADORAS durante os 42 km. Para Jana, Tamara e Olalla a súa primeira vez coa Selección Galega. A primeira en entrar en meta foi Silvia, a nosa pequena incansable. Non chegaba nada cómoda e nada confiada, sabía que o nivel que lle esperaba era alto e non quedaba outra que tirar para diante, chegando como décimo terceira. Detrás a nosa Vero, como era de esperar, sempre dando todo, apertando os dentes ata o final. Continuaba unha Bea espléndida, sorrinte e feliz por chegar tan ben a meta, pois levaba uns meses algo tocadiña e necesitaba unha alegría como esta para volver a estar ó 120%. Lupe, a nosa gran sorpresa, a nosa ultreira, vaia carreirón se marcou, nas baixadas non facía outra cousa que pedir paso. Jana, a pesar de levantarse con placas, decidiu correr co seu equipo, e que ben o fixo, foi a quinta galega en entrar en meta. Continuárona Alina, Tamara e Olalla, outras tres grandes. Alina sufrindo os últimos km, e pese a que as pernas non quería a súa cabeza obrigoulle a seguir, non por ela, senón polo equipo. Tamara mellorando en media hora o tempo que tiña nesta mesma carreira e Olalla sufrindo ata ó final e poder entrar en meta cun gran sorriso.

Simplemente xeniais, todas elas. Tanto deportivamente falando como persoalmente. Son un gran equipo e así o demostraron.

Parabéns para o EQUIPO FÉMENINO, que ó igual que os chicos, acadaron un SEXTO POSTO na CLASIFICACIÓN DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS.

Para terminar darlle os parabéns a todos/as os corredores/as galegos/as que estaban na Camovi, salientando as actuacións de algúns deles como:

– Jose Santiago (Os Corzos de Ortegal), que entraba na liña de meta cun tempo de 04:23:03

– Dani González (Running Sport Trail), entraba cun tempo de 04:27:36

– Ivan Sangiao (GTR) entraba cun tempo de 04:28:54

– Bruno Cardamas  (AD jarnachas), entraba cun tempo de 04:29:20

– Federico Losada (Castro trail), entraba cun tempo de 04:32:41

– Carla Trillo (Peña Lar), entraba cun tempo de 05:15:22

OPINIÓNS DALGÚNS DOS/AS CORREDORES DA SELECCIÓN GALEGA

“Saín sabendo que tiña que reservar nos cortafogos pero a partir de aí tirei de cabeza e fun de menos a mais apretando os dentes como nunca e saíume un tempo impensable😬” SILVIA CASAL

“Derreado, 3 uñas pa caer… A estas horas lévome moi mal coas escaleiras”. SAMUEL (o pupas 1)

“Saín co obxectivo de 6min/km…a 2kms de Naseiro notei bastante malestar no corpo…no avituallamento de Naseiro sabía que ía ser 1 suplicio rematar forte. Viña unha zona que se estas ben podes facer dano…pero se estas mal, penalizas e sofres. Conclusión…deixeino todo no terreo de xogo…triste por non responder como quería…orgulloso de non renderme💪” MANU GIL

“Bastante ben ata o km 35. Despois Elpidio meteume jarrafón no soft 😂😂 e acabei con moitos calambres. Un orgullo defender a irmandiña” o gran MARCOS PASCUAL

“Una mañana de mocos me bloquea la mente para afrontar este reto. En el km 5 aparece  o “jato no peito” y ya la nube en mi cabeza se hace más negra ,pero gracias a 4 palabras de @alina las nubes se despejaron y empecé a ver el sol hasta meta ,con el abrazo d mis compañeras que fue el mejor premio”. ALEJANDRA SEOANE

 “Carreira de menos a mais con todos os tempos calculados. Dosificando ata Naseiro 24,5 (106 da xeral) e de ahí en diante ir recuperado todas as posición posibles. Do 35 ata meta a tope, o que daban as patas. Ó final moi satisfeito, pese a non ser a miña distancia preferida saquei un resultado mellor incluso do esperado.” CARLOS PERNAS

“Definiría Camovi como unha carreira moi esixente tanto a nivel mental como físico, por un lado a presión de estar coa Irmandiña nun campionato de España e por outra os 42km e 2600+ sen descanso, xa que é unha carreira moi corrible, sabes que te vas a quedar sen pernas nalgún momento, pero a cuestión é onde, algo que me creou medo e inseguridade dende o principio, o primeiro obxetivo que te marcas é chegar ó Naserio o mellor posible xa que sabes que de aí en diante tes moita pista corrible para arriba, no meu caso cando cheguei ahi e xa non había pernas, tocou agachar a cabeza, mans nos cuadríceps e tirar para arriba, e sobre todo loitar coa cabeza, intentar recuperar correndo nos llanos e nas baixadas e chegar como puiden a meta. O calor e a humidade tamén pasaron factura, deixando algún calambre nos pés e malestar no estómago.” VERO BUGLIOT

“Sensación de non poder apretar polas patas🤷‍♂️🤷‍♂️. Temos a conclusión que correr ó lado do mar pasa factura e aparecen os calambres. Dende o km 12 notei pequenas cambras que me fixeron ser conservador. Hoxe? mellor do esperado pero cunhas agujetas de carallo🤣🤣🤣, pero bueno, nada fora do normal.” MIGUEL VÁZQUEZ

“Siento no haber podido aportar a nivel resultado mi granito de arena. Simplemente, ayer no era mi día. Me fastidia porque se el punto de forma que tengo ahora mismo, y no poder plasmarlo … 🤷🏼‍♂️ Pero el deporte es así. A por la siguiente y deseando quitarme esta espina con la selecc la próx vez que tenga la oportunidad” MARCOS NAYA

Por parte da FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO, dar as grazas a cada un de vos, polo compromiso, por dar a cara ante tantos galegos, que non é doado xestionar a presión que levades, e sobre todo por cumprir co equipo. Porque iso é o que somos un EQUIPO!!!  Todos aprendemos de todos, todos coidamos de todos!!            

GRACIAS!!!

Suscríbete para estar al tanto de las noticias de la FGM

Responsable: Josefina Maeztu. Finalidad: Prestarte el servicio solicitado y contestar a las cuestiones planteadas Legitimación: Consentimiento del interesado aceptando la política de privacidad.
Destinatarios: Los datos no se cederán a terceros salvo en los casos en que exista una obligación legal. Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos, como se explica en la información adicional.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content