CAMPIONATO DE ESPAÑA KV (LADRILLAR) E CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ULTRA INDIVIDUAL E POR SELECCIONS (SIERRA DE CAZORLA)

O 12 de marzo dou comezo o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE KILÓMETRO VERTICAL, representándonos Borja Varela. A súa primeira proba a nivel estatal, con unha sensación agridoce, xa que a decisión que tomou de non levar bastóns (aconsellada pola Organización da Carreira) xogou na súa contra ante os rivais. Pero non hai lado negativo sen o positivo, xa que dos erros se aprende, sabendo que nas próximas probas só pode ir a mellor. A pesar disto fixo unha gran carreira, quedando nun 36º posto, onde debemos destacar o gran nivel que había entre corredores e o mal tempo que acompañou ó longo da carreira.

O 19 de marzo tocáballe ó CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL E POR SELECCIÓNS AUTONÓMICAS DE ULTRA (SIERRA DE CAZORLA).
Nel representábamos 5 corredores/a, que despois dunha viaxe longa (+ de 10 horas en coche), sabíamos que non ían poder estar ó 100% para marcarse un carreirón de 73 km con 4000+. Todos cumpriron as súas expectativas a pesar das dificultades en carreira. Samuel Saborido (Tribu Trail), despois dunha carreira dura dende o km 1, onde as pernas non respondían como debían, e os problemas gastrointestinais dende a metade de carreira non lle permitiron acadar o posto que se merecía. A pesar de todo isto, loitou e foi mellorando postos, logrando chegar nun meritoso 37º posto. Seguido de Samuel ía Manu Gil (Castelos Trail), sendo moi constante durante toda a carreira, facendo un 47º posto con un tempo de 8h20. Terminando 86º Emilio Montilla (Castro Trail), 7º na súa categoría, o cal a viaxe do día anterior tamén o notou nas súas pernas.


Xa pasando ás nosas corredoras, a primeira vez nun Campionato de España de ultra, fixeron as dúas un gran papel. María Martinez (Objetivo Trail) constante, centrada e organizada cos plantexamentos estudados antes de carreira foi capaz de chegar con un sorriso e nun gran posto, a décimo sexta muller en entrar en meta. A segunda corredora Lupe Rubio (Pasa ou Entorna), fixo outro meritoso posto (24º feminina), comezando a carreira con dores e terminando enteira a pesar do rápido e duro que era o terreno da Serra de Cazorla.


Mención a carreira de Blas Rodriguez, quedando 4º na súa categoría (vet C), así como a Aroa polo 3º posto.
Grazas, Federación Galega de Montañismo