O sábado 20 de Agosto do 2022, dou comezo o Campionato Galego de KV individual e por Clubs Cumios do Courel, no Concello de Folgoso do Courel e organizado por Montouto Club de Montaña.


A carreira transcorreu dende a aula da Natureza de Moreda polos sendeiros do quilómetrovertical do Formigueiros ata o seu cumio, sumando unha distancia de 3,9 km e un total de 950+.
Unha carreira dura a par de bonita, que gracias a organización logrou que todos/as os participantes puidesen gozar da montaña e dos seus sendeiros, a pesar da calor abafante do día.


Os podios do CAMPIONATO GALEGO DE CARREIRA VERTICAL INDIVIDUAL quedaron así:

  • Podio absoluto masculino:
  1. ABEL FRANCO ALVAREZ entrou en meta cun tempo de 00:41:01. Club Running Sport Trail.
  2. ADRIAN RODRIGUEZ DIAZ entrou en meta cun tempo de 00:43:07. Club Running Sport Trail.
  3. BORJA VARELA PAZ cruzou a liña de meta cun tempo de 00:43:26. Toxiza CM.
  • Podio absoluto feminino:
  1. SILVIA CASAL DOMÍNGUEZ entrou en meta cun tempo de 00:53:33. Club GMTA&Chuvoners.
  2. MONICA NOVOA BARBOSA entrou en meta cun tempo de 01:00:25. C Box 001 Ourense.
  3. ANDREA MONTERO TREPAT entrou en meta cun tempo de 01:01:32. Tribu Trail.
  • Categoría xuvenil masculina:
  1. XIAN NOVOA GUTIÉRREZ entrou en meta cun tempo de 00:49:25. Club AROMON.
  2. CARLOS BAO PÉREZ entrou en meta cun tempo 1:09:08. Club Traileros Toxos e Birras.
  • Categoría promesa masculina:
  1. ABEL FRANCO ALVAREZ entrou en meta cun tempo 00:41:01. Club Running Sport Trail.
  2. FABIO A. GONZÁLEZ IGLESIAS entrou en meta cun tempo de 00:55:21. ASESOU.
  • Subcategoría veterano A masculina:
  1. ENRIQUE SUAREZ DÍAZ entrou en meta cun tempo de 00:48:14. A.M.E Bestarruza.
  2. CESAR ROMAY GOMEZ entrou en meta cun tempo de 01:32:36. C Cornelios Montaña.
  • SubCategoría veterano A feminina:
  1. MONICA NOVOA BARBOSA entrou en meta cun tempo de 01:00:25. C Box 001 Ourense.
  2. VANESA VARELA CRESPO entrou en meta cun tempo de 01:14:47. Club Tribu Trail.
  3. TINA FORMOSO NOCEDA entrou en meta cun tempo de 01:16:29. Club Tribu Trail.
  • Subcategoría Veterano B masculina:
  1. EMILIO MONTILLA FERNANDEZ entrou en meta cun tempo de 00:45:08. C Castro Trail.
  2. MANUEL GÓMEZ GÓMEZ entrou en meta cun tempo de 00:51:49. CS Trabandainas
  3. FRANCISCO DAPENA TEIJEIRO entrou en meta cun tempo de 00:54:12. Moi de monte Club Trail Running.
  • Subcategoría Veterano B feminina:
  1. MARI CARMEN LÓPEZ MUIÑOS entrou en meta cun tempo de 01:17:37. GTR Galaico TrailR.
  2. FINI ALONSO VILA entrou en meta cun tempo de 01:27:21. GTR Galaico Trail Run.
  3. ELIA RODRIGUEZ GALLEGO entrou en meta cun tempo de 01:43:02. Traileros Toxos e Birras.
  • Subcategoría Veterano C masculina:
  1. CÁNDIDO CALVIÑO MORLA entrou en meta cun tempo de 01:03:48. Traileros Toxos e Birras.
  2. J. MANUEL POUSA FERNANDEZ entrou en meta cun tempo de 01:06:54. Running sport Trail.
  3. ELADIO GARCÍA MARTIÑA entrou en meta cun tempo de 01:14:28. C Box 001 Ourense.

Os podios do CAMPIONATO GALEGO DE CARREIRA VERTICAL DE CLUBS:

  • Categoría masculina:
  1. CDM Vértice.
  2. Club Traileros Toxos e Birras.
  3. Club Running Sport Trail.
  • Categoría feminina:
  1. Club Tribu Trail
  2. Club Traileros Toxos e Birras.

PARABÉNS a todos e todas as corredores que se animaron a participar neste Campionato e no resto das probas do fin de semana. Así como ós club que se animaron a participar.


Darlle as grazas á organización e voluntarios pola súa labor e axuda ós corredores en todo momento. Tamén agradecer ós árbitros polo seu traballo.


Podedes consultar todas as clasificacións no seguinte enlace: https://www.empat.com/resultados/kilometros-verticales-cumbres-del-courel/


Engadimos as clasificación provisionais: