O 23 de outubro de 2022, levouse a cabo en Parada do Sil o Campionato Galego de Carreiras por Montaña de Clubs. Sendo esta a XV Carreira Canón do Sil.
Unha carreira fermosa tanto polas súas paisaxes e entorno, como polos sendeiros polos que transcorrerían todos os corredores/as. Unha carreira destacada polos seus 33km e 2200+, con dúas gran subidas onde debemos destacar a súbida ó Meda.


O día comezaba bastante feo, con moita choiva, vento e néboa, a cal deu unha pequena tregua para realizar a saída da proba as 9:00. Co paso dos km, o equipo arbitral en cooperación do organizador, decidiron que recortarían a subida a meda, polas condicións meteorolóxicas adversas, restando así un total de 3km da proba e aproximadamente uns 300+.

En chicos, a loita foi bonita de ver, xa que os de Toxos e Birras viñan dispostos a dalo todo para poder impoñerse o resto dos equipos, pero o gran talento do Club Castro trail, non lle permitiu alcanzar ese primeiro posto do Campionato Galego de Clubs, levándose eles o primeiro posto, e quedando os de Toxos e Birras nunha segunda posición, a pesar de meter a dous dos seus corredores en primeira e terceira posición do podio absoluto masculino. Non menos foron o resto dos equipos, pois todo e cada un deles mostraron firmeza no terreo e gañas de pelexar polo podio. Quedando nun terceiro lugar o Castelos trail.
Falemos xa un pouco a nivel individual dos corredores, onde debemos destacar ós cinco primeiros da proba, Elpidio Gomez, (Castro trail), Marcos Naya e Miguel Vázquez (Toxos e Birras), Manu Gil (Castelos Trail) e Carlos Pernas (Peña Lar Trail).

A loita estivo servida durante toda a carreira, na cal debemos destacar o gran nivel de Marcos Naya, que despois de uns meses sen encontrar sensacións, parece que xa o temos ó 100%, pero o noso incombustible Elpidio non llo poñería fácil, pegándose a él e facendo sufrir ata os últimos km. Por detrás entraba un Miguel Vázquez, que nos deixa claro que chegou para quedarse entre os top de Galicia. Ó igual que os seguintes corredores, entrando os cinco primeiros nunha diferenza de 4´.

As chicas, como habitualmente acontece, a nosa gran Silvia Casal (GMTA&Chuvoners), non tivo rival. Se ela nos di que está en plena forma, sabemos que lle será doado gañar e con un tempazo, entrando en meta en 03:25:38. Pero si houbo loita entre a segunda e a terceira. Nesta loita estaría María Ferreiro (GMTA&Chuvoners), outra das top femininas de Galicia, e unha incrible Mary Pombo (CDM Vértice), onde sería a súa primeira carreira de 33km. Mary tivo claro, dende o primeiro minuto, que viña a competir e así o fixo, situándose entre os primeiras femininas. A través dos diversos km, María Ferreiro e Mary Pombo fóronse intercambiando o 2º e 3º posto, quedando finalmente Mary de segunda e María de terceira. En cuarta posición quedou Rosa Araujo (Running Sport Trail) e Patricia Varela (GTR).

A clasificación pos Clubs quedou do seguinte modo:

FEMININO
1º GMTA&Chuvoners
2º GTR Galaico Trail Run
3º CDM Vértice

MASCULINO
1º Castro Trail
2º Traileiros Toxos e Birras
3º AC Castelos Trail Club

Como sempre agradecer a todos e todas a participación neste Campionato Galego de CxM de Clubs.
Agradecer á organización polo seu bo facer a pesar das adversidade do tempo e do mal día que estivo.
Agradecer ó equipo arbitral polo seu bo traballo.
E mil grazas a todos os voluntarios, protección civil, fotógrafos e público, pois a pesar da choiva estivéchedes animando e sorrindo a cada un de nos!
Pronto os resultados das sub categorías.

Grazas dende a FGM