986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

CxM: CAMPIONATO GALEGO INDIVIDUAL SAN MAMEDE (CASTRO ESCUADRO)

O 22 de maio de 2022, dou comezo en Castro Escuadro (Concello de Maceda) o Campionato Galego Individual de carreira por montaña, SAN MAMEDE.

A carreira de San Mamede, cunha distancia de 22km e 1600+, dou comezo o domingo 22 ás 9:00 cun gran número de participantes, ante un día neboento e bastante chuvioso.

A carreira presentábase dura, cun terreo bonito a par de técnico. Onde para ganar non quedaba outra que saír forte e apretar ata o final. De pouco serviría reservar, pois como todos vimos tanto en chicos como en chicas, os primeiros marcaron un nivel espectacular, e se baixabas un pouco o ritmo, sería imposible darlle alcance nos últimos km.

CORREDORES ABSOLUTOS. ELES

O grupo de cabeza, nos cales destacamos a Samuel Saborido (Tribu Trail), Elpidio Gómez (Castro Trail), Miguel Vázquez (Toxos e Birras), Rubén Insúa (CDM Vértice) e Marcos Naya (Toxos e Birras) saíron fortes, onde Marcos Naya impuxo un ritmo agónico, pero no km 6 tivo que deixarlle paso ó grupo xa que nas subidas tiña claro que as pernas non responderían coa frescura que el esperaba.

Este relevo collérono Elpidio e Samuel, experimentados corredores, que marcaron un ritmo infernal, o cal intentaron manterlles ese ritmo Ruben e Miguel, pero decidiron deixalos ir xa que a fatiga cada vez era maior e preferiron deixalos ir e loitar por un terceiro posto.

Unha carreira de espectáculo, onde Samu e Elpi se foron intercalando postos, e a pesar de ser grandes compañeiros, sabían que o mínimo despiste de un, o outro non dubidaría en aproveitar a ocasión para gañar segundos. Loitaron cada segundo ata a última súbida, onde Elpidio tivo claro que Samu tiña aínda unha marcha máis e non podería loitar polo primeiro posto.

O terceiro posto tamén foi debutado por dous corredores, pero a nivel federativo Miguel Vázquez sería o gran vencedor, xa que o outro corredor, Ruben Insua, non conta, por agora, con licenza.

CORREDORAS ABSOLUTAS. ELAS

Silvia Casal (GMTA & Chuvoners) tiña claro que quería ser a Campióna galega de CxM, e só lle quedaba correr duro, para intentar descolgar a súa compañeira María Ferrerio (GMTA & Chuvoners). Sabía que non o tiña fácil, pero conseguiu ir soa parte da carreira, mantendo o primeiro posto, a pesar de perderse un tramo. A segunda indiscutible, como dixemos era María Ferreiro, sempre constante e decidida a dalo todo para conseguir o mellor posto. E xa no terceiro posto, a sorpresa foi Patricia Varela (Club GTR), que ben pisando moi forte, onde marcou un ritmo alto dende a saída. A pesar de non estar acostumada a estas distancias e desniveis, demostrou que o monte lle gusta e está disposta a pelexarse polos postos mais altos. Chegando a poucos minutos despois dela Bea Barroso (Tribu Trail), que un despiste nunha baliza lle puido pasar factura nos minutos perdidos coas súas rivais.

CORREDORES PROMESAS / XUVENÍS E CADETES CORREDORES PROMESAS

Antía Puime (Objetivo Trail), xa coñecida por todos, representándonos no Campionato de España Individual de CXM de Camovi, realizou unha carreira espectacular. Entrando como sexta muller na carreira absoluta. O progreso de Antía está sendo bestial, e temos claro que nos seguirá sorprendendo, pois non lle faltan gañas de seguir aprendendo e mellorando.

Fabio Antonio González (Asociación escaladores Ourensáns), foi o chico promesa, descoñecido para algúns de nos, pero creo que o seu nome nos vai a quedar por un tempo nas bocas, pois entrou 17 da xeral. Fabio fixo un carreira exemplar, correndo ó lado dos mellores de Galicia e facéndolles fronte e loitando por un top 15. Estivo ás portas, pero non nos cabe dúbida, que se continúa nas carreiras por montaña nos dará grandes sorpresas.

CORREDORES XUVENÍS e CADETE

Correrían unha distancia de 8 km e 400+, saíndo dende o pobo de Teixeira.

Xián Novoa (Club Aromon) e Vicente Agulló (Club GTR), xa coñecidos por tod@s, os nosos dous corredores xuvenís, que nos representan tanto na Copa de España como no Campionato Individual. E aínda así lles quedan folgos para moitas mais carreiras.

Minutos antes de dar a saída da súa carreira falaban de non acelerarse demasiado, pois o finde do 28 de maio tócalles a segunda proba da Copa de España, pero unha cousa é o que se fala e outra o que se fai. Corredores absolutos contáronme que lles pasaron como dous linces, subindo a trote unha costa de gran pendente. E así foron toda a carreira, adiantando corredores ata chegar a meta. Sendo o primeiro en entrar Vicente Agulló e o segundo Xián Novoa.

A nosa corredora cadete, era a primeira vez que se enfrontaba a unha carreira por montaña, e que ben o fixo Julia Salvado (Club Acade) . Acostumada as carreiras de cross e asfalto, pero todos sabemos que o monte pouco ten en común con esas disciplinas. Ademais cada carreira por montaña é un mundo, e dende logo, San Mamede non é das máis doadas, e se lle engadimos as choivas e a néboa, dificultando a visión tanto das balizas como do terreo, só podemos felicitala e esperar que lle gustase.

Dende a FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO darlle as gracias a tod@s @s CORREDORES/AS, pola súa participación. Darlle as gracias ós ORGANIZADORES por todo o traballo realizado (organización, marcaxe, limpeza, asegurarse de que todo estea correcto no día da carreira para que os corredores/as gocen de puro monte galego por unhas paisaxes incribles, e tamén pola gran paella). Darlle as gracias ós VOLUNTARIOS por estar axudando nun día inestable de choiva e vento. E agradecer ós ÁRBITROS pola súa labor.

Podemos dicir, que a CARREIRA DE SAN MAMEDE é espectacular, polos súas paisaxes, polos sendeiros, pola montaña, por un terreo polivalente e pola súa gran organización de 10!

CLASIFICACIÓNS:

IMPORTANTE!!!

Todo corredor/a participante nas carreiras oficiais de CxM, neste caso o Campionato Galego Individual de CxM, debe respectar o Regulamento desta modalidade, e polo tanto, queremos LEMBRAR a importancia deste punto do regulamento:

De non poder asistir a entrega de premios, debedes avisar ós árbitros, que os encontraredes na liña de meta.

Para consultar o Regulamento: https://fedgalmon.gal/regulamentos/

Suscríbete para estar al tanto de las noticias de la FGM

Responsable: Josefina Maeztu. Finalidad: Prestarte el servicio solicitado y contestar a las cuestiones planteadas Legitimación: Consentimiento del interesado aceptando la política de privacidad.
Destinatarios: Los datos no se cederán a terceros salvo en los casos en que exista una obligación legal. Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos, como se explica en la información adicional.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content