CxM: Campionato inf/cadete/xuvenil e junior de CxM individual (San Mamede)

Dende a área de tecnificación deportiva de carreiras por montaña queremos dar aviso ós clubs que no Campionato Galego de CxM Individual (X Desafío San Mamede) existirá unha proba oficial para os/as nenos/as de infantil (13 e 14 anos), cadetes (15 e 16 anos), xuvenís (17 e 18 anos) e junior (19 e 20 anos), cunha distancia de 8 km con un desnivel positivo de 400 metros.

A inscripción será gratuita e realizarase a través da Federación Galega de Montañismo no correo: carreiras.tecnificacion@fedgalmon.gal

Se dende algún Club hai algún/ha corredor/a que teña gañas de asistir so deben contestarme a este correo e facilitarme os datos para a súa incrición. 

Finalizará o prazo de inscricións o 18/05/2022.

A proba será o día 22 de maio de 2022, onde partirán sobre as 10:30 dende a praza do Centro Social de Castro de Escuadro (Concello de Maceda, Ourense), unha furgoneta para o lugar da saída, que dará comezo desta proba sobre as 11:00 aproximadamente. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.