986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

CxM: Desafío Vértice Vila de Padrón

O sábado 3 de setembro de 2022 tivo lugar no Concello de Padrón a segunda proba da Copa Galega de Carreiras por Montaña, V Desafío Vértice Trail Vila de Padrón, organizado polo CDM Vértice.

Dúas carreiras caracterizadas por un terreo duro e técnico, que transcorren por sendeiros, cortalumes e descensos técnicos. A distancia da carreira longa é de 22km e un desnivel positivo de 1570m, sendo o desnivel negativo de 1800m. E a carreira curta de 14km cun desnivel positivo de 800m.

A saída da carreira producíase na Capela de Santa Ana (Lampai), onde os corredores da distancia longa farían un bucle de 6 km con case 500 polo monte de Agrela, poñéndose en cabeza un grupiño de corredores, destacando entre os demais Daniel Pazó (Atletismo Baiona), seguido por Emilio Montilla, Martín Fontán, Marcos Pascual, Elpidio Gómez e Rubén Insua. A medida que pasaban os quilómetros estaba claro que Daniel Pazó viña forte e con ganas de loitar para lograr o alto do podio, pero finalmente
Emilio Montilla (Castro Trail), o cal demostrou estar a pleno rendemento, foi quen de recortarlle tempo, logrando entrar en meta uns segundo antes de Dani, Seguido de Elpidio Gómez (Castro Trail), Marcos Pascual (Castro Trail) e terminando o top cinco da carreira con Martín Fontán (GMTA&Chuvoners).

Xa falando do grupo feminino, Silvia Casal (GMTA&Chuvoners) púxose en cabeza dende principio a fin da carreira, quedando a loita detrás, entre corredoras de gran nivel como Patricia Varela (GTR- trail running), Bea Barroso (Tribu Trail), María Ferreiro (GMTA&Chuvoners) e Patri Noya (Tribu trail). Entrando en meta Patricia Varela en segunda posición, despois de unha carreira brillante, e en terceira posición María Ferreiro, seguida por Patri Noya e Sonia Méndez (CDM Terras de Burón).

Xa na distancia curta disputaríase o Campionato Xuvenil e Júnior, onde o podio o formarían na categoría masculina Roi Eiras (CDM Vértice), Chema Quintián (Tribu Trail) e Victoriano Trenco, e na categoría feminina Andrea Trepat (Tribu Trail), Eva de la Fuente (Club deportivo Brión) e Lucía Parga (Aromon). Sendo Xián Nóvoa (Aromon) o primeiro xuvenil federado, seguido por Carlos Bao (Traileros Toxos e Birras), e Andrea Gómez (CS Trabandainas) como primeira xuvenil.

O podio da 2º PROBA DA COPA GALEGA DE CARREIRAS POR MONTAÑA quedaron así:


❖ Podio absoluto masculino e feminino:

  1. EMILIO MONTILLA FERNANDEZ. 2h19:32. Castro trail.
  2. DANIEL PAZO GIRALDEZ. 2h21:35. Atletismo Baiona.
  3. ELPIDIO GOMEZ SOUSA. 2h22:43. Castro trail.

  1. SILVIA CASAL DOMINGUEZ. 2h56:02. Gmta&Chuvoners.
  2. PATRICIA VARELA SANTISO. 3h01:44. GTR Galaico Trail Run.
  3. MARÍA FERREIRO PEREZ. 3h06:31. Gmta&Chuvoners.

❖ Categoría xuvenil masculina e feminina:

  1. XIÁN NOVOA GUTIERREZ. 1h39:19. Aromon
  2. CARLOS BAO PÉREZ. 1h45:33. Traileros Toxos e Birras.

  1. ANDREA GÓMEZ TUBIO. 2h13:31. Club Trabandainas.

❖ Categoría júnior masculina:

  1. ÁLVARO SIERRA. 1h49:42.

❖ Subcategoría promesa masculina

  1. FÁBIO GONZÁLEZ IGLESIAS. 2h58:37. Asesou.

❖ Subcategoría veterana B masculina

  1. CASTOR SALGADO RODRIGUEZ. 2h31:16. Running Sport Trail
  2. KIKE FERNANDEZ FERNANDEZ. 2h31:16. Coutadas Trail Team.
  3. JUAN RIVEIRO. 2h42:42. CDM Xesteiras.

  1. SONIA MENDEZ PEREZ. 3h20:15. Club de montaña Terras de Burón.
  2. NURIA ROMERO RODRIGUEZ. 3h21:45. Os Corzos de Ortegal.
  3. ANA BELÉN NOGUEIRA ALVAREZ. 3h44:37. Running Sport Trail.

❖ Subcategoría veterana B masculina:

  1. EMILIO MONTILLA FERNANDEZ. 2h19:32. CASTRO TRAIL.
  2. ELPIDIO GOMEZ SOUSA. 2h22:43. CASTRO TRAIL.
  3. JUAN ELOSUA CAPELLAN. 2H37:22. TRIBU TRAIL.

❖ Subcategoría veterana C masculina:

  1. JAVIER RODRIGUEZ IGLESIAS. 3h24:20. Running Sport trail.
  2. JOSÉ MANUEL PERNAS VAZQUEZ 3h29:35. Peña Lar.
  3. JOSÉ MANUEL ALONSO MARTINEZ. 3h49:39. Korpore Arenteiro Trail

Dende a FGM damos as gracias a todos e todas as participantes, o club organizador CDM Vértice polo seu gran traballo e organización, e tamén ós árbitros/as que participaron na proba, pola súa labor e bo facer das probas deportivas. Non debemos esquecer ós Concellos que axudan á realización das carreiras e a todo o voluntariado que as fai posibles.

Clasificacións provisionais:

Suscríbete para estar al tanto de las noticias de la FGM

Responsable: Josefina Maeztu. Finalidad: Prestarte el servicio solicitado y contestar a las cuestiones planteadas Legitimación: Consentimiento del interesado aceptando la política de privacidad.
Destinatarios: Los datos no se cederán a terceros salvo en los casos en que exista una obligación legal. Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos, como se explica en la información adicional.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content