O 16 de abril do 2022, dou comezo a 1ª PROBA DA COPA DE ESPAÑA DE KV, dun total de catro probas que se levarán a cabo entre o mes de abril e maio.

BORJA VARELA

Despois da súa primeira proba a nivel estatal (12/03/22), con sabor agridoce, estaba disposto a dalo todo para acadar un gran resultado.

Dou comezo da proba cunha distancia de 3950 metros e 910 positivos. Unha distancia que ó noso galego non se lle da nada mal. Axustábase perfectamente ós seus adestros.

A saída foi rápida, como era de esperar, na cal as pernas tardaron en darse conta que era día de competición. Pero unha vez pisado zona de monte sabían que non lles quedaba outra que sufrir para acadar un bo posto.

BORJA terminou a carreira con moi boas sensacións, sabendo que está adestrando de forma correcta para acadar moi boas posicións. Pero non lle basta con isto, xa que tan só pisar a cumio, comezou a súa reflexión sobre como mellorar pequenos aspectos, para lograr o seu máximo potencial.

E SI!! SÉPTIMO POSTO PARA O NOSO GALEGO!!! PARABÉNS!!