986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

CxM Nova directora do programa de tecnificación e selección: Verónica Calvo Dopazo

Verónica Calvo Dopazo, a nova técnica de carreiras por montaña, con 33 anos, conta con amplo currículo relacionado co ámbito deportivo.

A nivel formación é licenciada en ciencias da actividade física e do deporte, mestres coa especialidade de educación física e conta con un máster de nutrición.

A nivel deportivo ten títulos de diversas disciplinas deportivas como son Adestradora Nacional de Triatlón e Natación, adestradora de voleibol e outros.

É unha apaixonada dos deportes, e dende fai uns anos o mundo das carreiras por montaña pasaron a formar parte dela.

No 2019 proclamouse 2º feminina de Copa Galega de carreiras por montaña (participando na Maratón da Camelia, San Mamede, Desafío Vértice e Canons do Sil), 2ª feminina no Desafío Galaico, 2º no Naturfest, e participou tamén coa Selección Galega de Carreiras por Montaña no Trail Rae de Otañes.

No 2020/2021 debido á pandemia e a unha lesión o número de carreiras viuse reducido, pero seguiu participando nas carreiras logrando os primeiros postos no trail da Cidá e trail de San Isidro. E tamén en carreiras de renome como é o Trail de Ribeira Sacra e a San Silvestre de Lousame.

Verónica é unha persoa moi inqueda, sempre intentando mellorar, e lograr todo aquelo que se propón. Gústalle traballar en equipo, colaborar e participar con todos buscando sempre o beneficio común.

Este ano márcase como obxectivos poder chegar a todos os Clubs deportivos, intentar formar unha gran Comuna do Trail Galego, onde todos formen parte e sexan igual de importantes. Ademais gustaríalle que nun futuro próximo comezasen a verse pequenas escolas deportivas de carreiras por montaña. Tamén quere facer gran fincapé na importancia de dar a coñecer esta disciplina nas mulleres, buscando que aquelas que poidan estar indecisas tomen a decisión de desfrutar deste mundo tan incríbel.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content