Alédame informarvos que xa temos @s seleccionad@s para o Campionato de España Ultra, que se vai a celebrar este ano en Quesada (Jaén), cunha distancia de 72 km e 4000+.

Estamos segurísimos que darán ó máximo de cada un, intentando deixar a nosa selección polo máis alto. Gustaríanos darlle as grazas de antemán, por  mostrarnos o seu apoio e querer representarnos coa camiseta da irmandiña.

Elas e eles son:

GUADALUPE RUBIO (LUPE). Club Pasa ou Entorna

Increible progresión da nosa corredora. Está claro que a ultra é a súa distancia. Demostrando a súa valía en carreiras como:

3º Circuíto Quiroga Trail (2019) // 2º Fraguas do Eume
1º Ribeira Sacra 47k (2019) // 1º Trail da Fillo Zas
5º Ultra Canfranc (2021). 3º senior.
9º Ultra Travesera Oquendo Picos de Europa
3º Copa de España Snowcross Leitariegos // (…)

 

JOSÉ MANUEL GIL. Castelos Trail

Gañador da Copa Galega de CxM no 2021. Un corredor cada vez máis forte, encontrándose habitualmente entre os top cinco das carreiras.

1º Copa Galega de CxM (2021)
1º Camovi (2021) // 1º Trail A Rúa (2021)
5º TpG 165 km (2020) // 3º circuito ultra Quiroga (2020)
(…)

 

CARLOS LORENZO. Club de Montaña Vértice

Dende que probou as carreiras por montaña, soubo que este sería o seu obxectivo. Sabe que sen esforzo non hai recompensa, e dende logo a el o que non lle falta e gañas de traballar por conseguir o que quere.

2º vet Desafío de Urbión // 1º Carballo trail Race
1º Campionato de Asturias de trail // 2° Sidónios Trail Ultra (2021)
3º Desafío Vértice. Campionato galego de CxM de Club (2021)
3º Vet A Campionato de España Ultra FEDME (2021)
3º Maratón da Camelia (2022) // (…)

 

MARÍA MARTINEZ. Objetivo Trail

Unha corredora con moita garra, de familia montañeira, encántanlle as carreiras técnicas e con desniveis potentes. Ten numerosos logros baixo as súas patas:

1º Maratón de Oia (2019) // 1º Peninha Sky Race (2020)
1º Riaño Open (2021)// 1º subida a Dragoman
2º posto no extinguido circuíto GMTA
1º Nocturna de Ourense // (…)

 

SAMUEL SABORIDO. Tribu trail

Samu, un coñecido da irmandiña. Anque pensa que é un vello, sabemos que lle queda moito que dar, pois ten un potencial bestial. Arrastra un currículo deportivo amplísimo e espectacular:

3º vet Copa de España en Liña // 2º Trail de Vilatuxe (2019)
5º GTPE Picos de Europa (3ºvet) (2021)
2º Desafío Vértice (2021). Campionato Galego de CxM de Clubs
1º Maratón a Camelia (2022) // (…)

 

EMILIO MONTILLA. Castro trail.

Emilio outro dos coñecidos da irmandiña, un dos grandes nas carreiras por montaña en Galicia. Sempre acadando os mellores postos. Está disposto a dalo todo por volver a lograr os resultados do ano pasado.

1º vet Campionato de España individual e por seleccións (2021)
2º Castro trail xtreme // 5º Maratón Camovi (2021)
8º Campionato Galego de CxM por clubs (Desafío Vértice) (2021)

Imos a por todas irmandiña!!

 

Agradecementos a Miguel Rúa polas fotografías