986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

CxM: Seleccionados Copa de España en liña + Equipo Xuvenil e Junior

Unha mini presentación d@s nosos seleccionad@s para a COPA DE ESPAÑA DE CxM EN LIÑA, que terán o duro traballo de puntuar como mínimo en tres das cinco carreiras de CxM en Liña que hai no calendario FEDME, sendo estas en Alicante, Barcelona, Salamanca, Gran Canaria e Ourense.

Agradecerlles a súa dispoñibilidade, xa que non é doado compatibilizar as viaxes coa vida privada. Sabemos que farán unha representación bestial, son uns corredores e corredoras experimentados e con gañas de dar o máximo. Mil gracias e vamos a por todas!!

 

  1. SILVIA CASAL (Gmta&chuvoners)

Unha coñecida da FGM, representounos o ano pasado acadando un merecidísimo 4º posto na Copa de España de CxM en liña.
Silvia é unha rapaza espectacular, cun eterno sorriso a cal nos dará moitas alegrías, xa que non deixa de progresar como corredora.

2º Campionato Galego de CxM Individual (Trail de Vilatuxe, 2021)
1º Copa Galega de CxM // 1º Campionato Galego por Clubs
(Desafío Vértice, Padrón) (2021)
1º Maratón da Rúa // 1º Pisao Extrem (Portugal) (2021)
1º Maratón da Camelia // 1º Trail dos Penedos (2022) (…)

 

  1. VERÓNICA BUGLIOT (Club os Corzos de Ortegal)

Outras das corredoras coñecidas de Galicia. O ano pasado representounos no Campionato de CxM en liña por Seleccións. Ela con garra, forza e enerxía suficiente para deixarnos no mais alto!

3º Campionato Galego de CxM Individual (Trail de Vilatuxe, 2021)
1º CXM Cañon do Sil (2021) (última carreira da Copa Galega)
1º Maratón “Por donde Camina el OSO” (2021)
1º Trail de Portalén // 1º Trail de Cela (2021)
2º Trail Trilhos de Abutres (2022)

 

  1. IAGO ABELEDO (CdM Xesteiras)

Pasiño a pasiño Iago vaise abrindo o camiño. O seu nome xa sona na boca dos mellores corredores e iso quere dicir algo…
Sabemos que ten moita ilusión por representar a nosa Irmandiña, e que se deixará ata o último folgo por conseguir o mellor resultado.

3º Campionato Galego de CxM Individual (Trail de Vilatuxe,
2021)
1º Castro trail // 1º Ribeira Sacra 25km (2021)
1º Trail de Portalén // 1º Trail San Silvestre de Lousame (21)

 

  1. ELPIDIO GÓMEZ (Club Castrotrail)

Se falamos de estar na boca dos mellores corredores, este homiño leva anos na boca de todos. Dende o 2015 ó carón da Selección, representándonos ano tras ano. A parte do talento co que conta, será unha fonte de ensinanza para os nosos pequenos.

1º Campionato Galego de CxM Individual (Trail de Vilatuxe,
2021)
1º Campionato Galego de Clubs (Desafío Vértices)
1º Trail Amigos da Montanha // 2º Trail da Carixa (2021)

 

Terminamos coas presentacións, dándovos a coñecer ós noso xuvenís e junior, que este ano vestirán a camiseta Galega buscando lograr os máximos obxectivos posibles. Sabemos que serán o exemplo a seguir de moitos xovenes e nen@s que se queiran introducir no mundo das CxM. Gracias chicos/as e a por todas!

 

  1. XIAN NOVOA (CLUB AROMON PONTEVEDRA MONTAÑEIROS A ROELO)

Xian, con só 16 anos, xa logrou representar a irmandiña o ano pasado, acadando grandes resultados:

1º Copa de España de CxM en Liña (2021)
1º Trail de Teror, Gran Canaria // 1º Trail Miranda do Ebro,
Burgos (2021)
1º Cadete Trail d Vilatuxe (2021) // (…)

 

  1. ANDREA GÓMEZ

Andrea, 16 anos, é a primeira vez que competirá coa irmandiña. Destacamos a súa responsabilidade, ilusión e compañeirismo. Esta tendo un progreso enorme, adestrando sempre ó carón de seu pai. Esperemos que siga
por este camiño, que seguro nos dará moitas alegrías.

1º Cadete Trail do tremuzo // 1º Cad trail da filloa (2021)
1º Cad Trail de Vilatuxe (2021)// 3º Subida ó Pico Sacro (22)

 

  1. VICENTE AGULLÓ (GTR- Galaico Trail Run)

Vicente, 17 anos, un amante da montaña e de familia montañeira, quere dalo todo para seguir acadando méritos, que non son poucos os que logrou ata agora:

1º xuvenil CxM Cañons do Sil //1º Xuvenil trail de Vilatuxe
(2021)
1º Junior Desafío Vértice // 2º Junior de Xove (2021)
1º xuvenil Trail de Camovi // 3º senior trail da Rúa

 

  1. EROS ÁLVAREZ (Club Pena Trevinca Barco)

Eros, o maior de todos, con 20 anos, xa categoría junior, despois de ter un pouco abandonado o monte polos estudos, decidiu que este ano quere demostrar o talento que ten. A súa vida xira entorno a actividade física e
sabemos que está adestrando moi duro.

4º Desafío de Robledillo // 7º CxM Dehesas de Cercedilla
(2021)
2º Snowrunning de Leitariegos (2022)

 

📸 IG:@adrinunezphoto

 

Suscríbete para estar al tanto de las noticias de la FGM

Responsable: Josefina Maeztu. Finalidad: Prestarte el servicio solicitado y contestar a las cuestiones planteadas Legitimación: Consentimiento del interesado aceptando la política de privacidad.
Destinatarios: Los datos no se cederán a terceros salvo en los casos en que exista una obligación legal. Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos, como se explica en la información adicional.

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content