O 23 e 24 de abril dará comezo en Viveiro (XI Camovi) o Campionato de España en liña individual e por Seleccións Autonómicas. Este ano levaremos unha gran representación de corredores e corredoras, de diversas categorías (xuvenís, júnior e absolutos/as).

Os mais pequenos, xa son coñecidos por todos vos, sendo os corredores da Copa de España en liña:

XIÁN NOVOA (CLUB AROMON)
ANDREA GÓMEZ (TRABADAINAS)
VICENTE AGULLÓ (GTR- GALAICO TRAIL RUNNING)
EROS ÁLVAREZ (CLUB PENA TREVINCA BARCO)

Os xuvenís (Xián, Andrea e Vicente) recorrerán unha distancia de 10 km con +446 m e -781 m. Eros, o junior, recorrerá unha distancia de… (por decidir)
E damos paso ós dous grupos ABSOLUTOS que nos representarán e terán que cumprir coa Selección, non por eles/as, senón polo equipo e por todos aqueles/as que se quedaron fóra e tamén tiñan merecido o posto. Recorrerán unha distancia de 42, 125 m con +2.625 metros/ -2.625 metros.


ELAS. EQUIPO FEMININO DE CxM EN LIÑA

ALEJANDRA SEOANE (TRAILEROS TOXOS E BIRRAS)
TAMARA GARCIA (GTR)
VERÓNICA BUGLIOT (OS CORZOS DE ORTEGAL)
MARÍA MARTINEZ (OBJECTIVO TRAIL)
LUPE RUBIO (PASA OU ENTORNA)
BEA BARROSO (TRIBU TRAIL)
ALINA CIMPEAN (GTR)
OLALLA CONDE (GTR)
SILVIA CASAL (CHUVONERS)
MARÍA FABEIRO (CDM VÉRTICE)

Todas elas contan con un amplo historial de carreiras nas súas patas. Subindo case sempre ó podio.
Algunhas delas xa nos representaran coa Selección Galega de CxM o ano pasado (Silvia, Vero, Bea e Alina). Este ano, reforzando un pouco o equipo feminino, non nos cabe a menor dúbida que sufrirán e desfrutarán ó par, para lograr a mellor posición posible en Camovi.

ELES. EQUIPO MASCULINO DE CxM EN LIÑA

MANUEL GIL (CASTELO TRAIL)
IAGO ABELEDO (XESTEIRAS)
ELPIDIO GOMEZ (CASTRO TRAIL)
SAMUEL SABORIDO (TRIBU TRAIL)
CARLOS LORENZO (CDM VÉRTICE)
MARCOS PASCUAL (CASTRO TRAIL)
MIGUEL VAZQUEZ (TRAILEROS TOXOS E BIRRAS) E MARCOS NAYA (TRAILEROS TOXOS E BIRRAS)
ARMANDO CALVO (TRIBU TRAIL)
MONCHO MUIÑOS (AD JARNACHAS)

Unha decisión complexa a dos nosos irmandiños… son moitos os merecedores de estar nestegrupo… Simplemente, parabéns a TODOS e TODAS.

A por todas irmandiña!!!
V.C.D