DESENVOLVEUSE A I PROBA DA COPA GALEGA DE ESCALADA DE BASE 2020

O sábado día 8 celebrouse no pavillón municipal dos Remedios de Ourense a I Proba da Copa Galega de Escalada de Base de 2020.

Salientar a gran participación de nenos e nenas vidas de toda Galicia que levou o número de participantes ata os 103. Un nivel de participación que amosa que a escalada engancha aos máis pequenos e pequenas.

Agradecer a colaboración do club ASESOU na xestión do rocódromo e na organización da proba. Sen a colaboración estreita dos clubs de montaña, estas actividades non se poderían levar a cabo.

Neste enlace se pode descargar a clasificación da primeira proba

CLASIFICACIÓN_I PROBA COPA DE ESCALADA BASE_OURENSE

A inscrición a II Proba da Copa ábrese o día 11 de febreiro as 12 horas do mediodía e pecharase o venres 21 as 14 horas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.