O Centro de Tecnificación de Escalada (CTE) da FGM, convoca o sábado día 15 de decembro na cidade de Santiago de Compostela nas instalacións do Indoorwall a todas e todos os xoves escaladores galegos a unhas probas de deteción de talentos en escalada para formar parte do CTE.
Axuntamos pdf da convocatoria e ficha para a inscrición á proba. É imprescindibel enviar a ficha á FGM como tarde o xoves 13 de decembro ao correo electrónico da FGM.
Recordamos que ao seren menores de idade os titores terán que asinar unha autorización para o día da avaliación.