Día 21 de Abril: Andaina Concello de Entrimo + Homenaxe

Tivo lugar esta fin de semana a Andainda polo concello de Entrimo, esta pertence o Campionato Galego de Andainas de 50Km.

Nesta ocasión se xuntaron un total de 140 deportistas de todas as idades.

Iniciouse a xornada cunha homenaxe o noso compañeiro ben querido Lusquiños. Fíxose entrega polo alcalde da localidade D. Ramón “Moncho” dunha placa para a lembranza a sua viúva Pilar.

A continuación deuse a saída con un día nublado pero con moita visibilidade e temperaturas altas. Iniciase a subida hacía a Pena de Anaman chagando a cota máis alta nunha paisaxe sen arbores, empedrada e francamente espectacular, pasamos polo domen e iniciamos a baixada dende Queguas ata Entrimo. Continúase ao redor de Entrimo pasando polas diversas parroquias, logo subindo a os Castros e baixando por un cortalumes cun desnivel importante para rematar  a andaina cuns 5Km por terreo chá.

Dase por finalizada a proba no fermoso concello estando presentes as autoridades de Entrimo festexando e colaborando con todos os deportistas a sus chegada.