O vindeiro 11 de maio de 2025, a entidade Os Sendeiros de Foz, xunto co apoio económico da Federación Galega de Montañismo organiza unha nova edición do Día do Sendeirista Galego, que este ano terá lugar na Ruta da Fraga de Vilapena (PR-G 85), no concello de Trabada (Lugo).
A actividade está reservada para federados e federadas FGM-FEDME e require inscrición previa por 5 euros antes do 2 de maio. Os participantes recibirán un tríptico informativo, un agasallo conmemorativo, avituallamentos durante a marcha e un picnic final. Ademais, os federados galegos asistentes contarán cunha subvención de 6 euros para desprazamento.
A ruta, de dificultade media e 3 horas e 40 minutos de duración, percorre un impresionante bosque autóctono con miradoiro e conexión co PR-G 83.
Máis información e inscricións en fedgalmon.gal.


