A Federación Galega de Montañismo pola plena igualdade de sexos na vida, no deporte e na Montaña.
Dende a FGM promovemos accións positivas para a integración da muller nos deportes de montaña. Fomentamos a participación das mulleres no ámbito da actividade física e o deporte, superando as barreiras ou obstáculos que aínda hoxe día dificultan a realidade dunha práctica deportiva con equidade de xénero.

Outras accións tomadas pola FGM: Adopción no 2017 do acordo de anexión á Acción colectiva de sensibilización social, contra as violencias machistas.
“En Negro Contra As Violencias” é unha campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero promovida por máis de 75 concellos galegos.
Queremos facer mención só a algunhas das moitas mulleres deportistas que temos no noso deporte: Chus Lago, Lynn Hill, Edurne Pasaban, Silvia Vidal, Araceli Segarra, e moitos máis etcéteras….
¡GRAZAS A TODAS AS MULLERES!