O Consejo Superior de Deportes (CSD), a través do programa estatal de apoio ao deporte do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, fixo pública a resolución das bolsas destinadas a deportistas de alto nivel.

Nesta convocatoria, os deportes de montaña contarán con oito deportistas beneficiarios en todo o ámbito estatal, situándose como a cuarta modalidade deportiva con maior representación, só por detrás de Natación, Atletismo e Taekwondo.

A Federación Galega de Montañismo celebra especialmente que dúas destas bolsas recaian en deportistas galegos pertencentes ao Club Montaña Coruña: Nora García Maestu e Erik Paulo Noya Cardona, referentes da Escalada de Velocidade en Galicia.

Grazas a esta bolsa, ambos poderán continuar o seu proceso de formación e preparación no Centro de Alto Rendemento (CAR) de Sant Cugat del Vallès, un dos centros de referencia internacional para o deporte de alto nivel, onde adestran algúns dos mellores deportistas do panorama nacional e internacional baixo un modelo de preparación integral.

Ambos os dous levan varias tempadas consolidándose entre a elite nacional e internacional desta disciplina, representando con éxito á selección española e contribuíndo ao crecemento e proxección da Escalada de Velocidade galega nos principais escenarios deportivos.

Desde a Federación Galega de Montañismo queremos felicitar a Nora e Erik por este importante recoñecemento ao seu traballo, esforzo e dedicación, así como ao Club Montaña Coruña e ao seu equipo técnico polo labor desenvolvido durante estes anos.

Desexámoslles que esta bolsa supoña un novo impulso nas súas carreiras deportivas e que continúen acadando grandes éxitos levando o nome de Galicia aos máis altos niveis da escalada internacional.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade