986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

ESPECTÁCULO EN COMPOSTELA NA SEGUNDA PROBA DA COPA XUNTA DE GALICIA DE MARCHA NÓRDICA

 

José Francisco Gil Dopazo-


O pasado 6 de maio tivo lugar na alameda de Santiago de Compostela a segunda proba da Copa Xunta de Galicia. Como xa sucedera na primeira proba que tivo lugar sobre a muralla de Lugo, os marchadores tiveron a oportunidade de competir nun lugar privilexiado. Un circuito moi rápido, no que participaron o mesmo tempo os marchadores e marchadores da Copa e da proba Open organizada polo club Vía Lactea, que como xa sucedera o ano pasado fixo posible que todo o mundo disfrutara dun gran día de marcha nórdica.


O igual que coa primeira proba tivemos unha gran participación e 162 foron os deportistas que se inscribiron para as dúas probas, cabe destacar que ademáis de todas as provincias galegas contamos con marchadores de Álava, Valladolid, Tenerife, Madrid, Leon, Asturias e mesmo Portugal.
Centrándonos na parte deportiva, saida moi rápida de todos os participantes, por parte dos homes dende un principio se destacou Pedro Angulo, marchador madrileño, formándose un grupo por detrás cos marchadores Luis, Alberto e Fernando do Club marcha nórdica Coruña , Álvaro de Sobarriba de León, e Héctor e Cesar do CdM Xesteiras. Co paso das voltas Pedro seguiu en cabez e o grupo se foi facendo mais pequeno, uníndose na última volta Ricardo Angueira do Club de montaña de Mondaríz que viu dende atrás. Finalmente na última volta Pedro Angulo foi descalificado por acumulación de tarxetas e Luis Justo Baliñas gañou a partida a Alberto Fidalgo, entrando por detrás Álvaro Villarroel.


Entre as mulleres tras a salida foron collendo distancia Yulia e Naza do club marcha nórdica Coruña, e por detrás formouse un grupo con Maria do CdM Xesteiras e María Isabel e Marta do Club nordic walking Lugo, dende atrás uniuse Ana do CdM Xesteiras e a pouca distancia Alba de Xesteiras e Elena de Lugo tentaban non distanciarse demasiado. A última volta das mulleres estivo marcada polas tarxetas, Naza tiña unha sanción de dous minutos, pero ainda así conseguiu manter a segunda praza por detrás de Yulia, por detrás nun apretado sprint desta volta María Isabel Rodriguez ( Nordic Walking Lugo) se impuña a María Martinez ( CdM Xesteiras) na recta de meta.


No clasificación provisional da copa nos homes queda Luis A. Justo primeiro seguido de Alberto Fidalgo, ambos do Club de Marcha Nórdica Coruña sendo tercerio Hector Vázquez do CdM Xesteiras. Nas mulleres está todo moito mais reñido, en primeira posición Yulia Shurhina e Naza Tilve do Club de Marcha Nórdica Coruña con Maria Isabel Rodriguéz do club Nordic Walking Lugo en terceira posición.
Nuns días subiremos a web as clasificacións da proba e acumulado de copa por categorías.

 

Sign Up for Our Newsletter

Get weekly email containing tips about construction and everything relating with it

Zero spam. You can unsubscribe anytime

Skip to content