Protocolo de actuación no caso de accidentes
AON - ALLIANZ 2023

OBXECTO DO SEGURO

Cubrir as lesións corporais accidentais sufridos polas persoas aseguradas con motivo da práctica deportiva, nos termos previstos polo R.D 849/1993, de 4 xuño. As Asistencias Médicas cubertas pola póliza serán prestadas en centros médicos ou por facultativos concertados pola entidade. Deberán cumprirse en todos os casos os seguintes pasos:

NORMAS DE ACTUACIÓN EN CASO DE ACCIDENTE

En caso de Accidente Deportivo que precise ASISTENCIA SANITARIA DE URXENCIA, a persoa federada ou acompañante deberá poñerse en contacto co teléfono:

900 404 444 (URXENCIAS)

desde onde se lle coordinará a asistencia de urxencia nun centro concertado. SE NON SE TRATA DUNHA ASISTENCIA DE URXENCIA non poderá dirixirse directamente ao Centro Concertado, senón que deberá comunicar a AON o accidente para a apertura do expediente a través do seguinte mail

Á plataforma de sinistros de AON Sports, no prazo máximo de 7 días

Por teléfono: +34 914 891 268

Luns a venres de 9:00 a 18:00 horas

Ou no correo electrónico:

siniestros.federaciones@aon.es

  Queda incluída a atención telefónica para sinistros ocorridos no estranxeiro, facilitando os centros aos que debe acudir a persoa asegurada e asumindo os mesmos ata o límite da póliza, sen necesidade de anticipo e pago polo asegurado. O número de atención telefónica para estes casos será o:

+34 914 522 915 (24 horas)

O CENTRO MEDICO CONCERTADO DE ALLIANZ NON ATENDERÁ NINGUNHA ASISTENCIA MEDICA QUE NON SEXA DE URXENCIA, SE NON TEN A AUTORIZACION PREVIA POR ESCRITO DA COMPAÑÍA.

1. URXENCIAS

Enténdese como tal a atención sanitaria cuxa demora poida carrexar agravamento da lesión, dor extrema, ou necesidade de acudir inmediatamente no momento posterior ao accidente, a condición de que tal asistencia sexa Obxecto do Seguro e dentro das primeiras 24 horas desde que se produce o Accidente Deportivo.

Neste caso a persoa federada deberá chamar ao teléfono de asistencias 24 horas onde lle coordinarán a asistencia de urxencia nun centro concertado:

900 404 444 (URGENCIAS)

2. CON POSTERIORIDADE AO ACCIDENTE

O accidente deberá ser comunicado:

Á Federación Galega de Montañismo, no prazo máximo de 4 días

Por teléfono: +34 986 208 758

Luns a venres de 10:00 a 14:00 horas ou de 16:30 a 19:00 horas

ONDE SE FACILITARÁ O PARTE DE ACCIDENTES

Ou no correo electrónico:

secretaria@fedgalmon.gal

Se a persoa accidentada é un/a menor de idade, deberase poñer en contacto cos seus proxenitores/as ou titores/as e comunicar o sucedido. Os/as proxenitores/as serán as persoas encargadas de autorizar calquera aspecto.

3. POR ÚLTIMO

O parte de accidentes fornecido pola FGM deberá ser cumprimentado, asinado e remitido:

No caso de que non se contactou con AON anteriormente, procederase á apertura do expediente correspondente onde se lle solicitará á persoa federada:

  • Identificación (ficha federativa) e comprobación de cobertura.
  • Explicación do accidente.

Tras analizar o expediente por parte da aseguradora ALLIANZ, daráselle resposta á persoa federada e unha autorización de asistencia se fose obxecto de cobertura.

Para solicitar un seguimento posterior de tratamento ou probas complementarias será o propio Centro Médico quen o solicite á compañía e enviaráselle a autorización ao Centro Médico que o solicite.

4. URGENCIA VITAL

Só en caso de URXENCIA CLÍNICA VITAL poderá acudir directamente ao centro sanitario máis próximo. Unha vez superada a primeira asistencia de urxencias, a persoa accidentada deberá ser trasladada a un centro médico concertado.

No caso de que permanecese en CENTRO MÉDICO NON CONCERTADO a Compañía non se fará cargo dos custos pola atención prestada.

A Compañía non se fará cargo dos gastos derivados de asistencias en centros non concertados ou da Seguridade Social salvo nos casos de urxencia vital. No caso de que se facturasen á Compañía, esta podería repercutilos á persoa asegurada.

No caso de URXENCIA VITAL, a persoa federada deberá comunicar O PRIMEIRO DÍA HÁBIL DESPOIS DO ACCIDENTE, a súa circunstancia á plataforma de sinistros de AON para a apertura do expediente.

Lembrámoslle que:

  • Será motivo de peche do expediente do Sinistro e por tanto non continuidade de tratamento, se durante a BAIXA MEDICA DEPORTIVA, a persoa federada realizase actividade deportiva, carecendo de cobertura os accidentes posteriores que puidesen producirse sen estar de alta médica por un accidente anterior.
  • O accidente debe ser comunicado nun período máximo de 7 días desde que se produce o mesmo (salvo en casos de urxencia vital con estancia en centro non concertado, que será de 1 día hábil).
  • Calquera asistencia, consulta médica, probas ou rehabilitación, que non sexa de URXENCIAS, deberá ser autorizada previamente, pola contra será a persoa federada quen se faga cargo dos custos incorridos.

Lembrámoslles que a póliza da Federación réxese segundo o Real Decreto 849/1993 pola cal se inclúen as lesións derivadas de accidente deportivo, é dicir, por traumatismo puntual, violento, súbito e externo, durante a práctica deportiva, sempre que non sexan debidos a lesións crónicas e/o preexistentes; exclúense tamén as enfermidades ou patoloxías crónicas derivadas da práctica habitual do deporte, por microtraumatismos repetidos, tales como tendinites e bursitis crónica, artrose ou artrite, hernias discales, e en xeral calquera patoloxía dexenerativa.