986 20 87 58

¡Chámanos!

VIGO

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº17 - of. 10 - 36209

Protocolo de actuación no caso de accidentes AON - ALLIANZ 2024

OBXECTO DO SEGURO

Cubrir as lesións corporais accidentais sufridos polos asegurados con motivo da práctica deportiva, nos termos previstos polo R.D 849/1993, de 4 xuño.

As Asistencias Médicas cubertas pola póliza serán prestadas en centros médicos ou por facultativos concertados pola entidade.Deberán cumprirse en todos os casos os seguintes pasos:

1. COMUNICACIÓN DO ACCIDENTE:

  • Allianz, Compañía de Seguros e Reaseguros, S.A. é a compañía coa que atópase contratado o seguro.
  • Consecuentemente o accidente deberá ser comunicado nun prazo máximo de 7 días á plataforma de sinistros de Allianz:

900 404 444

  •  Procederase á apertura do expediente correspondente onde se lle solicitará ao federado:
  •  Identificación (ficha federativa) e comprobación de cobertura.
  •  Explicación do accidente
  •  Parte de accidentes asinado/selaxe pola Federación.
  •  A aseguradora facilitará nese momento o número de expediente asignado, que deberán anotar debido a que servirá como referencia para calquera xestión posterior.
  •  Tras analizar o expediente por parte da aseguradora daráselle resposta ao federado e autorización de asistencia se fose obxecto de cobertura.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN EN CASO DE ACCIDENTES AON – ALLIANZ 2024

Para solicitar seguimento posterior de tratamento ou probas complementarias será o
propio Centro Médico quen o solicite á aseguradora e enviaráselle a autorización ao
Centro Médico que o solicite.

2. URXENCIAS

Enténdese como tal a atención sanitaria cuxa demora poida carrexar agravamento da lesión, dor extrema, ou necesidade de acudir inmediatamente no momento posterior ao accidente, a condición de que tal asistencia sexa Obxecto do Seguro e dentro das primeiras 24 horas desde que se produce o Accidente Deportivo. Neste caso o federado deberá chamar ao teléfono de asistencias 24 horas onde lle coordinarán a asistencia de urxencia nun centro concertado:

900 404 444

En caso de Accidente no estranxeiro, o teléfono de Asistencia é:

+34 914 522 915

3. URXENCIA CLÍNICA VITAL

Só en caso de Urxencia Clínica Vital poderá acudir directamente ao centro sanitario máis próximo. Unha vez superada a primeira asistencia de urxencias, o lesionado deberá ser trasladado a un centro médico concertado.

No caso de que permanecese en CENTRO MÉDICO NON CONCERTADO, Allianz non se fará cargo dos custos pola atención prestada. 

Allianz non se fará cargo dos gastos derivados de asistencias en centros non concertados ou da Seguridade Social salvo nos casos de urxencia vital. No caso de que se facturasen a Allianz, esta podería repercutilos ao asegurado.

O federado deberá comunicar o primeiro día hábil a súa circunstancia á plataforma de sinistros de Allianz para a apertura do expediente.

4. EN CASO DE INCIDENCIAS, CONTACTE CON AON

  • Para calquera incidencia na tramitación de sinistros que non puidese ser resolta coa aseguradora pola canle ordinaria de xestión indicado anteriormente, poden poñerse en contacto con AON ao obxecto de recibir o correspondente asesoramento.
  • Correo electrónico de consultas e atención ao federado: siniestros.federaciones@aon.es
  • Para calquera solicitude de asesoramento débese de facilitar sempre o número de sinistro facilitado pola aseguradora tras a comunicación de sinistro, xunto ao número de DNI e data de nacemento.
  • O correo electrónico será a via principal de comunicación, aínda que se dispón igualmente dun teléfono de atención ao federado chamando en horario de luns a xoves de 09:00 a 17:00 horas e venres ata as 15 horas:  

914 891 268

* Lembrámoslle que:

  •  Será motivo de peche do expediente do Sinistro e por tanto, a non continuidade de tratamento, se durante a BAIXA MÉDICA DEPORTIVA o Federado realiza actividade deportiva, carecendo de cobertura os accidentes posteriores que puidesen producirse sen estar de alta médica por un accidente anterior.
  • O accidente debe ser comunicado nun período máximo de 7 días desde que se producira o mesmo.

Calquera asistencia, consulta médica, probas ou rehabilitación, que non sexa de URXENCIAS, deberá ser autorizada previamente, pola contra será o federado quen se faga cargo dos custos incorridos.

5. CON POSTERIORIDADE AO ACCIDENTE CONTACTAR COA FGM

O accidente deberá ser comunicado á Federación Galega de Montañismo, no prazo máximo de 4 días:

Por teléfono: +34 986 208 758 de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas ou de 16:30 a 19:00 horas ou no correo electrónico: secretaria@fedgalmon.gal

ONDE SE FACILITARÁ O PARTE DE ACCIDENTES 

  •  Se a persoa accidentada é un/a menor de idade, deberanse poñer en contacto os seus proxenitores/as ou titores/as e comunicar o sucedido. Os/as proxenitores/as serán as persoas encargadas de autorizar calquera aspecto.

6. POR ÚLTIMO

O parte de accidentes facilitado pola FGM deberá ser cumprimentado, asinado e remitido:

  •  Á FGM: secretaria@fedgalmon.gal para o seu arquivo.
  • Á compañía Allianz asinado e selaxe pola Federación Galega de Montañismo.
  • Para solicitar un seguimento posterior de tratamento ou probas complementarias, será o propio Centro Médico quen o solicite á compañía e enviaralle a autorización ao Centro Médico que o solicite.

Lembrámoslles que a póliza da Federación réxese segundo o Real Decreto 849/1993 pola cal se inclúen as lesións derivadas de accidente deportivo, é dicir, por traumatismo puntual, violento, súbito e externo, durante a práctica deportiva, sempre que non sexan debidos a lesións crónicas e/o preexistentes; exclúense tamén as enfermidades ou patoloxías crónicas derivadas da práctica habitual do deporte, por microtraumatismos repetidos, tales como tendinites e bursitis crónica, artrose ou artrite, hernias discais, e en xeral calquera patoloxía dexenerativa.

OIP

ASISTENCIA SANITARIA DE URXENCIA

Lembrámoslle que:

  • Será motivo de peche do expediente do Sinistro e por tanto non continuidade de tratamento, se durante a BAIXA MEDICA DEPORTIVA, a persoa federada realizase actividade deportiva, carecendo de cobertura os accidentes posteriores que puidesen producirse sen estar de alta médica por un accidente anterior.
  • O accidente debe ser comunicado nun período máximo de 7 días desde que se produce o mesmo (salvo en casos de urxencia vital con estancia en centro non concertado, que será de 1 día hábil).

  • Calquera asistencia, consulta médica, probas ou rehabilitación, que non sexa de URXENCIAS, deberá ser autorizada previamente, pola contra será a persoa federada quen se faga cargo dos custos incorridos.
Skip to content