ENAG: Actividade 23 e 24 de outubro

A pasada fin de semana tivemos unha saída a Parede da Meadinha, na Serra da Peneda-Geres. O obxetivo era escalar vías de varios longos en granito, con material de autoprotección, e practicando estilos de escalada diferentes; fendas, artificial, péndulos..etc

O sábado realizamos actividade variada, escalando longos de diferentes vías , practicando a escalada artificial sobre estribos e utilización de abundante material flotante.

  • Escaleras al Cielo 1,2 e 3º longo. 75 m . 6c,
  • Variante de los Mutantes ,saída 25 m 6c/6c+
  • Queles 1º 30 m.
  • Directa a los Techos 35 m 6b+
  • Comecocos 1ª longo 30m 6a+/b

O domingo, aínda que o tempo estaba dubidoso, aproveitamos para escalar a parede e saír por arriba.

Fixemos unha combinación de varias vías antes de que o tempo cambiase e comezase a chuviscar a partir das 16h.

  • “S” saíndo pola 150 m 6c
  • Roy saíndo pola Treboada 150 m 6c+

Fin de semana produtivo en tódolos aspectos. O Parque Nacional da Peneda é un lugar fermoso, case máxico. Nesta época do outono está espectacular coma nunca. Desfrutamos dunha escalada fermosa e variada, pero tamén atrevida e dura física e psíquicamente. Os que coñecemos estas paredes sabemos que na Peneda “non se regala nada”. A meteo deixounos facer a actividade , co cal foi unha saída ben aproveitada na progresión deste equipo.

Tony Rodríguez -Técnico Enag

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.