Excelente nivel entre @s aspirantes ao Equipo de Novos Alpinistas Galegos esta fin de semana nos Riscos de Villarejo (Ávila).
As malas condicións da méteo na Cordilleira Cantábrica desprazáronos ata o granito da zona centro, un terreo de aventura onde o grupo de aspirantes demostrou que hai canteira na mocidade, moi boas condicións deportivas e moita motivación para o futuro do alpinismo galego.
Desde a FGM estamos gratamente sorprendidos e agradecidos polo esforzo e o bo facer destes mozos e mozas.
¡¡¡Noraboa a tod@s!!!