
Este vídeo foi relizado durante o encontro estival que o GAME desenvolveu este mes de xullo en Chamonix. Este esforzo do GAME, con motivo da reunión de Intercentros dos Programas de Tecnificación de Alpinismo das Federacións Autonómicas, xa vai pola cuarta edición.
A FEDME por si mesma tamén realiza anualmente outros dous encontros, un de rocha e outro de neve, aos que se lle suma o impulso que o GAME vén realizando estes últimos anos, desenvolvendo un Intercentros estival de alpinismo e outro invernal de escalada en xeo.
Os equipos técnicos que os desenvolvemos os diferentes Programas de Tecnificación de Alpinismo apostamos por afianzar estes encontros, por unha banda porque son un apoio perfecto na formación dos deportistas e, por outra, porque se crean unha sinersias ferfectas para o crecemento mental e a motivación dos deportistas.
Nesta ocasión o programa formativo era sobre glaciar: circulación glaciar e rescate en gretas. Tivemos dous días de moi mal tempo que salvamos nunha zona de Dry Tooling, alén de algo de escalada coas ferramentas sobre rocha, desenvolvimos a formación sobre técnicas de encordamento glaciar e diferentes fórmulas para remontar cordas ou facer polipastos. Esas técnicas de circulación glaciar e rescate en gretas foron as que puxemos en práctica durante outros dous días na Vallée
Blanche e no Glaciar du Géant, sobre unha neve recén caía e cunhas condicións da montaña excepcionais para esa época do ano. O último día fixemos prácticas de alpinismo na Arista dos Cósmicos que remata na mesma Aiguille du Midi, facendo un repaso de todo o aprendido na aproximación á arista e unha ascensión preciosa nas condicións nas que se atopaba a montaña.
Agradecer ao GAME e á FEDME o seu esforzo. Esperamos que estes encontros se formalicen e estabilicen para que os diferentes Programas de Tecnificación contemos con eles nas nosas planificacións anuais e sexan parte estable da nosa axenta.
Agradecementos: Torre de Nuñez, Terra e Cume Norte.