ENAG: PRESENTACIÓN E ENTREGA DO EQUIPAMENTO DEPORTIVO A CARGO TORRE DE NUÑEZ EN LUGO

Onte tivo lugar un acto de agradecemento á empresa “Torre de Nuñez” pola súa aposta ao Equipo Galego de Novos Alpinistas (ENAG) proveendoo de equipación deportiva de alpinismo.

Roupa técnica adaptada a climas extremos que danse na alta montaña. A roupa consta de pantalóns de escalada, roupa térmica (primeira capa) e un anorak exterior. Este ano o equipo está formado por catro integrantes, unha muller e tres homes.

A pertenza ao equipo é de tres anos, pola complexidade que ten a especialidade  de alpinismo. Todos os integrantes teñen que escalar sobre rocha, xeo, neve e esquiar, e ter unha gran capacidade de análise do entorno para manter uns marxes de seguridade amplos. Son deportistas moi completos.

O grupo ten un director de operacións, D. Xosé Manuel Otero, e dous técnicos que traballan no terreo, D. José Carlos Romay e Toni Rodríguez.

Este acto tivo lugar no rocódromo do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo coa asistencia de Dª. Lara Méndez, alcaldesa de Lugo; José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte; Dª. Inés Suarez de Lago, José Manuel Torre Nuñez, CEO Torre de Nuñez; directora de marketing de Torre de Núñez; Manuel Otero, xefe provincial do Servizo de Deportes de Lugo; Roberto Morís, delegado en Lugo da Federación Galega de Montañismo; José Manuel Pérez, director técnico da Federación Galega de Montañismo e dous deportistas do equipo de tecnificación de alpinismo.

¡Moitas grazas a todos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.