ENAG. PROGRAMA TECNIFICACIÓN ALPINISMO 2023-24

Presentamos ao novo Equipo de Nov@s Alpinistas Galeg@s (ENAG), liderado polo técnico ENAG José Romay, inserido no Programa de Tecnificación de Alpinismo (PROTAL) e na Asesoría de Alpinismo da FGM.

Este programa ten como obxetivo xeral a promoción no deporte galego do alpinismo para tir opción de entrar no equipo do alpinismo de alto rendemento da FEDME. O PROTAL é un programa recoñecido pola FEDME e polo Consejo Superior de Deportes (CSD), constituindo un esforzo común xunto cos PROTAL que desenvolven outras federacións autonómicas.

Tod@s os deportistas do PROTAL son maiores de idade, entre os 22 e os 25 anos, idade moi adecuada para formarse no alpinismo.

Este programa de tecnificación esta centrado na formación técnica – práctica dos diferentes contidos do alpinismo,  tendo en conta que é un deporte difícil desenrolo se non se dispón dos mínimos recursos técnicos e experiencia así como mínimos materiais, sen esquecer os básicos de seguridade e prevención do risco na práctica do alpinismo para recoñecer de forma constante a información que a montaña e o medio natural ofrece . Estamos a falar dun programa de tecnificación en actividade en alta montaña para gañar experiencia nos seguintes contidos:  escalada en rocha e en grandes paredes, escalada artificial, escalada en xeo e mixto, nivoloxía, progresión glaciar, esquí de montaña, orientación, planificación de actividades, seguridade, autorrescate, equipamento, metereoloxía.

Dende a Asesoría de Alpinismo da FGM apostamos por este equipo ENAG con todas as nosas posibilidades e recursos para que sexan o foco do alpinismo galego nos próximos anos e aspiramos a velos evolucionar ó longo das actividades planificadas no programa de tecnificación, focalizando o 1º ano na formación técnica e o 2º ano na práctica dos contidos.

O reto deste equipo é ver o deporte galego no máis alto, apostar polo seu potencial e paixón, enriquecendo e disfrutando en equipo de forma segura os valores e a beleza do alpinismo.

Agradecer a colaboración, un ano mais, de Torre de Núñez que nos acompañará un ano mais como patrocinador nesta aventura.

Tamén agradecer a colaboración de Haglofs e Alpine Wall.

 

Paula Piñeiro

ACTIVIDADES RESEÑABLES REALIZADAS
ASPE. VIA SUBTERRANEA
BENASQUE. CORREDOR MALADETA
CHAMONIX. MONT BUET

Manuel Reyes

ACTIVIDADES RESEÑABLES REALIZADAS
TOROZO. GRAN DIEDRO
URRIELLU. ESPEJISMO DE VERANO
UBIÑA. CORREDOR AGUJA

César Sordo

ACTIVIDADES RESEÑABLES REALIZADAS
AGERO. ESPOLON SUR
URRIELLU. AMISTAD CON EL DIABLO
CRESTA CABRONES – TORRECERREDO

Miguel Arejula

ACTIVIDADES RESEÑABLES REALIZADAS
TAILLON. GOULOTTE CENTRAL OESTE
BALAITUS. INTEGRAL
ANETO. SALENQUES – TEMPESTADES

José Romay

Director do ENAG