ESCALADA: COPA DE DIFICULTADE II° PROBA (BCN)

O pasado 11 e 12 de setembro celebrouse a 2° proba da Copa de España de Dificultade Xuvenil, a cal desprazáronse de novo 11 deportistas do equipo de tecnificación de escalada galego.
Coma xa nos teñen acostumados, unha vez máis os nosos representantes xuvenís asinaron nas instalacións Climbat de La Foixarda (Barcelona) unha boa actuación en conxunto, acadando desta vez tres delxs o acceso as finais e subindo un deles ao podio na categoría Sub16M.
Resultados da 2° proba da Copa de España Dificultade  – La Foixarda (Barcelona).
SUB14 M/F
-Nora Gracía: 13° posto.
SUB16 M/F
-Xavier Carballo: 3° posto (podio).
-Natalia Vale: 6° posto (finalista).
-Lucia Lores: 11° posto.
-Xián Peláez: 14° posto.
-Aloia Beltrán: 14°posto.
-Juan Correa: 21° posto.
SUB 18 M
-Santiago Franco: 20° posto
-Héctor López: 27° posto.
-Xoel García: 28° posto.
SUB 20 F
-Araceli Vale: 7° posto (finalista).
Noraboa unha vez mais a todxs eles!
PD: Grazas coma sempre a todo o equipo da @fedme, corpo arbitral  e @lafoixardaclimbing polo excelente traballo de organización.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.