O pasado 2-3 de xullo tivo lugar en Dornbirn (Austria) a última proba da Copa de Europa Juvenil de Dificultad en 2022.

A mesma acudiu un dos nosos xóvenes deportistas do Programa de Tecnificación Deportiva de Escalada da FGM, Xavier Carballo do club Aromon Pontevedra, o cal foi convocado por vez primeira coa Selección Española de Escalada, xunto a outros dous deportistas na categoría sub18.

Destacar desde aquí o seu meritorio resultado (17° posto dun total de 33 deportistas) na súa primera prueba coa Selección Española mostrando unha vez mais o potencial da xuventude no panorama da escalada galega.

Sen dúbida unha boa noticia a nivel galego que mostra o noso potencial no ámbito da escalada de competición e que a súa vez contribue de xeito importante na motivación dos mais xóvenes que se atopan a traballar actualmente nos diferentes clubes da nosa comunidade.

Noraboa!

.

.

.

Coma sempre, agradecer aos nosos patrocinadores o seu total apoio ó noso deporte! @lendapetfood @pieponteen @taladrando_com


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade