Extraordinario fin de semana para a escalada galega na cita desta fin de semana (5-6 novembro) en Cáceres coa finalización da Copa de España de Bloque e Velocidade e a súa vez coa celebración da gran cita dos Campionatos de España de ambas modalidades.

A expedición composta por 12 membros do programa de tecnificación foron quen de obter mais dunha ducia de medallas en total na modalidade de velocidade, na consecución das diferentes probas puntuables de cara a Copa, así como tamen nos propios Campionatos de España de Bloque e Velocidade.

En terminos globais acadamos dúas finais na modalidade de bloque no Campionato de España, cunha gran participación por parte de todos eles, e foi na modalidade de velocidade onde sen dúbida acadamos os maiores exitos, coa consecución de doús Subcampionatos de España, tres Subcampionatos de Copa e un terceiro posto, e con alta presencia dos nosos deportistas nos diferentes podios (13 en total!).

Sen dúbida, un gran ano de exitos que remataremos coa participación no Campionato de España de Dificultade o próximo 18-20 de novembro en Getafe, pechando xa así, o calendario estatal de competicións do 2022.

Noraboa a tod@s!


Resultados mais salientables das diferentes probas desta fin de semana 5-6/11/22:

7 clasificacións:

-Cto. de España de Velocidade.
-II° proba Copa España Velocidade.
-III° proba Copa España Velocidade.
-Xeral Copa España Velocidade.

-Cto. de España de Bloque.
-III° proba Copa España Bloque.
-Xeral Copa España Bloque.

Cto. España Velocidade 2022
(3 finalistas e 2 podios)

Iván Pacios Sub14 – Subcampión de España.
Nora García Sub14 – Subcampioa de España.
Mara Rodríguez Sub18 – Finalista (4° posto).

*II° proba Copa España Velocidade 2022
(3 finalistas e 2 podios)

Iván Pacios Sub14 – 2° posto.
Nora García Sub14 – 2° posto.
Mara Rodríguez Sub18 – Finalista (4° posto).

*III° proba Copa España Velocidade 2022
(5 finalistas e 5 podios)

Nora García Sub14 – 1° posto.
Mara Rodríguez Sub18 – 1° posto.
Iván Pacios Sub14 – 2° posto.
Xián Peláez Sub18 – 3° posto.
Natalia Vale Sub18 – 3° posto.

Copa de España Velocidade 2022 – 3 probas.
(4 podios)

Clasificación Xeral:
Natalia Vale Sub18 – Subcampioa de Copa.
Nora García Sub14 – Subcampioa de Copa.
Iván Pacios Sub14 – Subcampión de Copa.
Mara Rodriguez Sub18 – 3° posto na Copa.

Cto. España de Bloque 2022
Dous finalistas na categoría Sub18

Xavier Carballo – 4° posto.
Xián Peláez – 6° posto.

*III° proba Copa España Bloque 2022
Dous finalistas na categoría Sub18

Xavier Carballo – 4° posto.
Xián Peláez – 6° posto.

Copa de España Bloque 2022 – 3 probas.
Clasificación Xeral – mellores clasificados:

Xián Peláez Sub18 – 8° posto na xeral.
Natalia Vale Sub18 – 10° posto na Xeral.

Agradecementos ós nosos patrocinadores:
@lendapetfood
@taladrando_com
@pieponteen