Extraordinario fin de semana para a escalada galega na cita desta fin de semana (18-20 novembro) en Getafe, finalizando o circuito nacional de competicións coa derradeira proba do calendario 2022, o “Campionato de España de Dificultade”.
A expedición composta de novo por 12 membros do programa foron quen de obter unha vez máis o pase a tres finais e a consecución dun xeito histórico, dun Campionato de España de Escalada.
Cabe lembrar que o nivel é altísimo e ainda así obtivemos bos resultados no conxunto de deportistas convocados.
Destacar as actuacións de Araceli Vale en Sub20F facéndose coa 4° posición, e a de Mara Rodríguez Sub18F coa 6° posición, ambas tras acadar un meritorio pase a finais. Pero a gran noticia viría da man de Xavier Carballo e o seu 1° posto na categoría Sub18M. Un triunfo moi merecido co cual proclamábase Campión de España en Dificultade, finalizando así unha gran tempada.
Sen dúbida, rematamos este ano dun xeito espectacular, acadando por un lado o maior número de podios dos últimos anos, varios Subcampionatos, e xa por último e por vez primeira, un Cto. de España.
Noraboa a tod@s pola súa participación, esforzo e ilusión, e grazas en especial a todas as familias e clubes pola vosa implicación.
Resultados:
➡️ Sub-20 Feminina. 6 pax.
Araceli Vale: acceso a finais e 4° posto
➡️ Sub-18 Feminina. 13 pax.
Mara Rodríguez: acceso a finais e 6° posto
➡️ Sub-18 Masculina. 20 pax.
Xavier Carballo: acceso a finais e PODIO 1° posto
Xián Peláez: 16° posto
➡️ Sub-16 Feminina. 23 pax.
Lucia Lores: 17° posto
Lara Prida: 18° posto
Carlota Böck: 21° posto
➡️ Sub-16 Masculina. 35 pax.
Martin Ferreiro: 25° posto
Hadrián Pérez: 29° posto
➡️ Sub-14 Feminina. 29 pax.
Nora García: 17° posto
Adriana Túñez: 22° posto
➡️ Sub-14 Masculina. 23 pax.
Tiago Carballo: 16° posto
Frederic Bondy: 20° posto
Coma sempre, agradecer aos nosos patrocinadores o seu total apoio ó noso deporte:
@lendapetfood
@taladrando_com
@pieponteen
Fotos da web @Indoorwall Climbing Gyms