Escalada: Modificación Calendario Escalada Idade Infantil

Temos que comunicarvos unha nova modificación da data e lugar de celebración da III Proba da Copa Galega de Escalada en Idade Escolar organizada polo Club Montañeiros Celtas coa FGM.

Lugar: Rocódromo Municipal de Pontevedra, Pavillón Multiusos da Xunqueira. Rúa Celso Emilio Ferreiro 1º Travesía.
Data: domingo 14 de novembro.

As causas deste cambio son alleas a todos nós, club e federación. Móvenos un único desexo, continuar impulsando a escalada entre os máis xoves intentando levar as probas as mellores instalacións posibles.

Coma sempre, vos animamos a participar mantendo a ilusión dos xoves.

PREME AQUÍ PARA VER O CALENDARIO EN VERSIÓN PDF

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.