O 22 de Outubro celebrouse no Indoorwall Getafe a Primeira Copa de España de Paraescalada.

Neste evento participaron 27 escaladores e escaladoras de case tódalas comunidades autónomas. A organización da xornada estivo dividida entre a fase de clasificación, en horario matinal, e o desenvolvemento das finais de cada categoría en horario de tarde.

Dentro da Paraescalada, debido a diversidade das capacidades dos participantes, establécense diferentes categorías, estando representadas nesta Primeira Copa de España as seguintes:

Deficiencia visual: B1 e B2.

Amputados: AL1, AL2, AU1 e AU2.

Limitacion funcional: RP1, RP2 e RP3.

Por primeira vez a Federación Galega de Montañismo participa no ámbito da Paraescalada, na categoría  RP2, limitación funcional en 2 extremidades coa escaladora Beatriz Gándara. Este feito considérase un hito na nosa comunidade autónoma a prol da inclusividade na escalada de competición.

A competición foi retransmitida en directo pola canal de youtube da FEDME. Na rolda clasificatoria, os primeiros en participar foron os escaladores e escaladoras con déficit visual (B1 e B2) o riguroso silencio para  facilitar a comunicación entre o guía e a persoa escaladora fai que as emocións estoupen cando logran o Top das duas vías propostas polos equipadores. Despois participan os escaladores con amputación dunha perna. ¡O ritmo de escalada nos desplomes deixa perplexo ó público xunto coa categoría de amputación do brazo!

En paralelo compite RP nas súas 3 categorías limitación funcional de 1, 2 ou 4 extremidades, esta categoría, RP é a que ten maior representación feminina.

Eu participei en RP2, sendo a única participante desta categoría, isto no impediu que intentase superar os meus límites e consegir o top na primera vía das clasificatorias e unha boa execución nas seguintes.

O bo ambiente e risas fai que todos participantes estemos eufóricos. Moitos de nos non nos coñecíamos en persoa.

A Copa foi ese punto de encontro onde compartir experiencias e a escalada.

A 2º proba tendrá lugar o 20 de Novembro xunto co Supercampeonato de España de Paraescalada e o 26 de novembro finaliza a Copa de España en Vilanova y La Geltrú.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade