Esta pasada fin de semana, tivo lugar en Pamplona (1-3 xullo) o Campionato de España de Escalada de Seleccións Autonómicas (CESA 2022), en categorías Infantil e Cadete.

Os resultados acadados polo equipo foron moi satisfactorios obtindo duas medallas (ouro para Nora García e bronce para Iván Pacios) e dous 4° postos, todos na modalidade de Velocidade, na cal tíñamos grandes expectativas.

Por outra banda, en Combinada non obtivemos pase a finais, acadando meritorias posicións pola metade da taboa.

A destacar, as posicións obtidas coma Selección Galega, acadando a 7° posición tanto na clasificación Infantil coma na Cadete, dun total de 14 Seleccións Autonómicas.

Felicitar polo tanto dende eiquí a todos eles polos seús resultados, e agradecer aos nosos patrocinadores o seu apoio neste evento.

@lendapetfood
@taladrando_com
@pieponteen

IV° CAMPIONATO DE ESPAÑA INDIVIDUAL E POR SELECCIONS AUTONÓMICAS DE ESCALADA EN IDADE ESCOLAR 2022
Rocópolis – Pamplona
14 Comunidades Autónomas.

Participantes: 123 en total (22 en Velocidade e 101 en Dificultade+Bloque).

2 Modalidades competitivas:

  • Combinada (Bloque + Dificultade).
  • Velocidade. CLASIFICACIÓNS INDIVIDUAIS

SELECCIÓN INFANTIL SUB14
Categoría Feminina
Nora: 1° posto. -. Velocidade: 5 pax.
Elena: 15° posto. -. Combinada: 26 pax.
Valeria: 24° posto.-. Combinada: 26 pax.

Categoría Masculina
Iván: 3° posto. -. Velocidade: 5 pax.
Frederic: 13° posto. -. Combinada: 23 pax.
Tiago: 17° posto. -. Combinada: 23 pax.

SELECCIÓN CADETE SUB16
Categoría Feminina
Lucia: 4° posto. -. Velocidade: 5 pax.
Lara: 12° posto. -. Combinada: 24 pax.
Carlota: 17° posto. -. Combinada: 24 pax.

Categoría Masculina
Hadrián: 4° posto. -. Velocidade: 5 pax.
Juan: 14° posto. -. Combinada: 28 pax.
Gael: 19° posto. -. Combinada: 28 pax.

CLASIFICACIÓNS POR SELECCIÓNS
Selección Infantil: 7° posto.
Selección Cadete: 7° posto.

RESULTADOS

Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade