Esta fin de semana celebrouse no Monte Xalo (A Coruña) a I Xornada de Tecnificación en Carreiras por Montaña (CxM) para categorías base, unha iniciativa organizada coa colaboración do club K2 de Ordes, ao que queremos agradecer sinceramente todo o traballo realizado tanto na preparación como durante o desenvolvemento da actividade.

Un total de 11 deportistas procedentes de diferentes puntos de Galicia participaron nesta xornada, na que puideron mellorar as súas habilidades e técnicas de carreira por montaña baixo a dirección de Nazaret Tilve, técnica de CxM da Federación Galega de Montañismo.

Estes mozos e mozas representan o futuro do noso deporte, e desde a Federación agardamos poder dar continuidade a este tipo de iniciativas que contribúen ao seu crecemento tanto deportivo como persoal.

Queremos expresar tamén o noso agradecemento ao club K2 de Ordes, á Comunidade de Montes do Xalo, a Nazaret Tilve, así como a todos os deportistas e ás súas familias polo seu compromiso e implicación.

Seguimos construíndo futuro paso a paso, porque nas montañas de hoxe nacen os campións de mañá. 💙⛰️


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade