A FGM axúdache a estar preparado/a

Coa chegada do mes de agosto, moitas persoas federadas aproveitan as vacacións para dedicar máis tempo ao que realmente lles apaixoa: percorrer sendeiros, descubrir novas montañas, escalar, realizar travesías ou, simplemente, desfrutar da natureza e da vida montañeira.

Porén, na montaña sempre poden xurdir imprevistos. Un pequeno tropezo, unha caída, a rotura dunha presa durante unha escalada ou unha lesión poden alterar os nosos plans cando menos o esperamos.

Por iso, lembrámosvos que todas as persoas federadas dispoñen dun seguro de accidentes, un servizo fundamental que garante unha atención sanitaria adecuada e contribúe a que a recuperación sexa o máis rápida posible para volver desfrutar da montaña con todas as garantías.
Podedes consultar toda a información sobre o procedemento de actuación en caso de accidente en:
Información sobre accidentes da FGM

Ademais, para facer o proceso máis áxil, a App FGM permite tramitar o parte de accidentes de maneira autónoma, desde calquera lugar e a calquera hora. Este trámite é imprescindible para acceder á atención sanitaria prevista polo seguro, evitando esperas e sen depender do horario de oficina.

Se aínda non coñeces o funcionamento deste servizo, podes consultar a guía completa en:
Guía para cubrir partes de accidentes en liña

Dende a Federación Galega de Montañismo animámosvos a revisar estes procedementos antes de iniciar as vosas actividades estivais. Estar preparados tamén forma parte dunha práctica deportiva responsable.

Desfruta da montaña, móvete con responsabilidade e, se o precisas, utiliza as ferramentas que a FGM pon á túa disposición para que poidas volver ao que máis che gusta no menor tempo posible.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade