A FEDME acaba de publicar na súa web o calendario das probas de competición de Carreiras por Montaña 2025, entre elas figura para o 18 de maio a tradicional proba de Chandrexa Trail Desafío Antillas na cal se diputará a II Proba da Copa de España en Liña, o Campionato de España de Liña Individual e SSAA e o Campionato e Segunda Proba Skyrunner National Series 2025 ISF.

Unha gran noticia para o deporte de montaña galego e unha merecida recompensa ao esforzo do club Running Sport Ourense Trail que leva máis de 10 anos organizando esta carreira xunto á Deputación de Ourense e os seus patrocinadores, o Concello de Chandrexa de Queixa (Ourense) e Cafés as Antillas – Campos.


Descubre máis desde Federación Galega de Montañismo

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.

Federación Galega de Montañismo
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na túa navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Maís info sobre a nosa Política de Privacidade